domingo, 8 de novembro de 2009

Todo o mundo a bailar nas salas de profesorado!


Premio de Innovación da USC polo "Obradoiro de Sensibilización cara a diversidade funcional" no proxecto " Sereas e Heroínas de Sálvora"


Acaban de concederlle un Premio de Innovación da Universidade de Santiago de Compostela a Enma Mayo, a profesora que viu o noso centro o curso pasado para facer o obradoiros de sensibilizacion cara a diversidade funcional incluído no noso proxecto de Innovación en Normalización Lingüística do curso pasado "Sereas e Heroínas de Sálvora", onde sentimos o mar cos cinco sentidos. Este curso estamos deseñando outra intervención nesta liña dentro do novo proxecto "Mar de mulleres asolagadas".
Parabéns e grazas Enma! Parabéns Ceip de Aguiño!

quinta-feira, 5 de novembro de 2009

Dende o Equipo de Innovación en N.L animamos ó profesorado, ó alumnado, ás familias...a escoitar e gozar con cancións en portugués.



terça-feira, 27 de outubro de 2009

Samain, Don Cabazolo, As bruxas bruxeiras,...








domingo, 25 de outubro de 2009

A Asociación Sagres colabora no Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística cunha valiosisima recopilación de fotos da xente do mar.


MANS SALGADAS.

sábado, 24 de outubro de 2009

Investigando.


Como xa dixemos, o proxecto de Innovación en Normalización xa está en marcha. Neste proxecto están implicados tódolos equipos de dinamización do centro. Dende a biblioteca recomendan distintas obras para que investiguemos sobre o escenario no que se vai a desenvolver o noso proxecto:As Lagoas de Vixán e Carregal.

Poemario experimental: Redeiras.


Este curso seguiremos poemando. Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio invitamos a outros centros a participar neste proxecto entre centros, na actualidade xa somos 17 os que estamos nesta rede por todo o pais: compartindo, aprendendo uns de outros,...visibilizando "o noso facer e sentir" pola lingua galega,pola lingua de Galiza. O nome do poemario vinculase co proxecto de Innovación en Normalización Lingüística "Mar de mulleres asolagadas".
Blogue de Redeiras.

segunda-feira, 19 de outubro de 2009

Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística. Curso 2009-2010

(Ilustracións de Leandro Lamas)
Mar de mulleres asolagadas” é un proxecto de Innovación en Normalización e Dinamización Lingüística deseñado polo profesorado do Ceip de Aguiño, que empezou a trazarse a finais do curso pasado tras valorar moi positivamente o anterior proxecto que impregnou toda a actividade educativa “ Sereas e Heroínas de Sálvora”. Podemos dicir que esta é unha continuidade, xa que no curso pasado focalizamos a nosa atención en feitos reais como foi o afundimento do Santa Isabel e as Heroínas; e nun compoñente fantástico como son as sereas. Este curso seguiremos traballando a temática do mar vinculada á muller.
Anteriormente, no transfondo latexaba a presenza da muller e a reinvindicación de ocupar na historia do pensamento galego o lugar que se merece. Este curso esta aposta reinvindicativa ocupa un primeiro plano, dándolle protagonismo ás mulleres do mar de Aguiño, e por extensión a todas as mulleres que viven no contexto sociocultural galego.
Polo tanto, o noso eixo temático será a muller galega no seu contexto cotiá. Avaliada a acollida da Didáctica da fantasía a través das sereas, decidimos fusionar esta realidade con personaxes mitolóxicas femininas dos medios acuosos que forman parte do maxín colectivo, que tamén responde á necesidade de explicar o mundo e os seus múltiples fenómenos. O curso pasado contextualizamos o proxecto na Illa de Sálvora e este será no Complexo Dunar de Corrubedo, concretamente nas lagoas de Carregal e Vixán onde existe unha cidade asolagada, con diferentes lendas que moldean tamén parte da identidade do noso alumnado. Desta fusión nace o noso proxecto e o seu título, Mar de mulleres asolagadas.

Pola nosa lingua, por nós!


Hoxe Galiza despertou con máis forza e enerxía. Corren ríos de tinta virtual en moitas páxinas e nos blogues dos centros educativos falando da manifestación de onte en Santiago de Compostela. Pais, nais, avós, avoas...xente de tódalas cores, porque o GALEGO, é de todos e de todas!

Blogue da Coordinadora do Barbanza de equipos de dinamización e normalización Lingüística.

segunda-feira, 12 de outubro de 2009

Queremos a nosa lingua! Queremos galego!


Blogue da coordinadora de Equipos de Normalización da Barbanza.

terça-feira, 7 de julho de 2009

Bo verán!





Galego, portugués, castelán, inglés, francés, catalán, alemán…o universo é un puzzle!, e nós, as galegas e os galegos, afortunadamente, formamos parte do planeta terra cunha lingua propia, isto chámase ter moita sorte! E ademáis gústanos coñecer outras pezas do puzzle e decirlle ó mundo que nos tamén temos unha coa que podemos encaixar.

Cando chega o final de curso é hora de facer balance e avaliar todo o traballo feito durante o ano. O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística traballou durante todo este tempo polo uso e a valoración do galego. O curso pasado empezamos a facer un estudo sociolingüístico a nivel de toda a Barbanza onde se pon en manifesto a sombra da desgaleguización que está sufrindo a nosa comarca. Obsérvase como curso a curso vaise perdendo galego/as falantes. É preciso facer un alto no camiño e ser autocríticos e autocríticas buscando responsabilidades para frear este proceso que nos resta riqueza e identidade como galegas e galegos: Medios de comunicación? Administración? Profesorado? Familias? Entre todas e todos vestimos os nosos nenos e nenas, polo tanto o espazo de reflexión ten que partir dende o embigo de cada quen, todas e todos tecemos as súas vestimentas. Se nós, como adultos e adultas, falamos en galego, eles e elas falarán en galego! Se nos valoramos o galego, eles e elas valorarán a súa lingua! Se nos mimamos cada palabra, cada expresión…cada son en galego, eles e elas construirán un presente e un futuro de prestixio e dignidade, unha Galiza onde o galego poida sobrevivir e medrar ca enerxia que se merece. Enerxía que logo se reinvertirá en aprender novas linguas e respetar outras culturas que tamén lle farán medrar como persoas respetando a diversidade, a pluralidade,...deixemos que os nosos nenos e nenas teñan o dereito a ser irrepetibles, únicos e insustituibles, como as pezas dun puzzle de cores.
Nesta liña o Equipo de Normalización e Dinamización Língüística desenvolveu un amplo abanico de propostas, buscando dar cobertura e implicando o maior número de axentes educativos na súa programación.Entre outras actividades podemos salientar:
- Investigación trimestral co material aportado polas familias: alcumes, sobre Sálvora e receitas mariñeiras.
- Colaboracións cos distintos Equipos de Dinamiación e titorías: biblioconcurso e poemario visual con centros de toda Galicia coordinado con Biblioteca; Dotación de recursos bibliográficos para o Equipo de Medio Ambiente, Educación Física, contos para as aulas de Educación Infantil, Revista co Equipo de Tic, Bonecos interculturais para Educación Infantil…
- Organización do correlingua.
- Autocolantes.
- Día da Candeloria.
- Colaboración coa Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (onde participan colexios de Rianxo, Pobra, Boiro e Ribeira), algunhas das cousas que se fixeron este curso foron: folleto de recomendación de lecturas para o Nadal, correlingua…
Seguiremos traballando para que as nosas nenas e os nosos nenos teñan o dereito a seguir medrando na súa lingua.

No puzzle de cores do universo, Aguiño encaixa!

BO VERÁN!

domingo, 21 de junho de 2009

Obra de teatro "Salvemos o mar" e proxeción de imaxes "Nunca máis".




A señora Cipriana cóntanos como viviu o naufráxio do Santa Isabel e como era a súa vida na Illa de Sálvora.


Xornadas de "Portas abertas" (I Xornadas de Heroínas de Sálvora)






segunda-feira, 15 de junho de 2009

I Xornadas: "Heroínas de Sálvora"



Mañá, Martes 16 de Xuño,
faranse unhas xornadas “de portas abertas” onde poderedes vir a gozar de moitos dos traballos que fixeron os nenos e as nenas durante todo o curso e que serán expostos nos pasillos do colexio, de 16.00 ás 18.00.

Tamén haberá unha proxeción de imaxes na aula de audiovisuais de distintas actividades que se desenvolveron ó longo do curso e unha proxección de fotografías cedidas pola Asociación Sagres e a Anpa.
……………………………………….
1ª PROXECIÓN:
16.00-16.30: “Mans salgadas: 100 anos da nosa historia” (ANPA)
16.30-17.00: “ Heroínas e Sereas de Sálvora” (Imaxes do curso)

2ª PROXECIÓN:
17.00-17.30: “ Heroínas e Sereas de Sálvora” (Imaxes do curso)
17.30-18.00: “Mans salgadas: 100 anos da nosa historia” (ANPA)

sábado, 13 de junho de 2009

A lingua da nosa paisaxe ...



Según o Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, proporán:
a) Medidas para potencia-lo uso da lingua galega nas actividades do centro.
b) Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellora-la competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.

E será competencia do coordinador/a:

Proporcionarlles ós membros da comunidade educativa información sobre as actividades do equipo e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados coa realidade galega.

As linguas suman.




Según o Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, proporán:
a) Medidas para potencia-lo uso da lingua galega nas actividades do centro.
b) Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellora-la competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.

E será competencia do coordinador/a:

Proporcionarlles ós membros da comunidade educativa información sobre as actividades do equipo e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados coa realidade galega.

Excursión a Sálvora.

Enrolate co galego!

domingo, 7 de junho de 2009

O pintor das sereas: Urbano Lugrís.




- Nace no 1908 (A Coruña), morre en Vigo (1973) e está enterrado no cemiterio de Pereiró. Fillo de Purificación González, que era pianista e Manuel Lugrís Freire, escritor, galeguista, agrarista, presidente da Real Academia Galega…
- Dende neno síntese atraido pola beleza do mar.
- Fai estudios de perito mercantil.
- En Madrid nos anos 30, na segunda República, participa moi directamente nas Misións Pedagóxicas, que eran "escolas ambulantes", que levaban a cultura ós pobos de máis difícil acceso: teatro, guiñol, pinturas (museos), bibliotecas, conferencias.... Nelas participaron outra xente importante como Federico García Lorca, Alberti, Rafael Dieste ou Ramón Gaya. Participa en publicación como a revista Brétema. En Malpica tivo lugar unha das Misións Pedagóxicas máis importantes no 1933, onde participa tamén Cándido Fernández Mazas.
- Gran pintor, debuxante, decorador, muralista... Leva unha vida bohemia, desinteresada, vivindo ó día (carpe diem).
- Vive en Coruña, Madrid e Vigo. En moitos bares e tascas deixa a súa obra en forma de murais, algúns xa perdidos. Hoxe pódense ver no "Nova Galicia" de Santiago; "Fornos", "Vechio", "Drago", todos eles na Coruña...
- Estivo moi ligado a moi ligado a Álvaro Cunqueiro, Antón Avilés de Taramancos, Manuel María... podendo atopar na súa obra moitas influencias deles.
- Desde a morte da súa muller no 1961, Urbano Lugrís debaterase nun ir e vir de fondas depresións, máis entre unha e outra seguirá pintando coa mesma forza e riqueza imaxinativa que o caracterizou sempre, ata o mesmo ano da súa morte
- No ano 1997 ten lugar a mostra mais amplia do pintor. "Urbano Lugrís, Viaxe ao redor do meu mundo" (comisariada por Rosario Sarmiento e Antón Patiño) que ten lugar no Círculo de Belas Artes de Madrid e no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
- No ano 2007 Luís Rei Núñez publica O señor Lugrís e a negra sombra, novela baseada nos últimos anos da vida do pintor

A SÚA OBRA.

- Sobre todo atopamos: Debuxos, pintura, murais e ilustracións de libros. Temáticamente a obra de Lugrís, está chea de continuas referencias ó mar. Lugrís representa na pintura ó mar o que Xulio Verne na literatura ou Manuel Antonio (de Catro a Catro) ou Paul Valery (Cemiterio Marino) na poesía. Entre moitas outras obras podedemos sinalar as seguintes:

DEBUXO:
A liña aparece como filigrana poética; temáticamente representa, tamén o mar, as veces as imaxes, forman un xerogrífico no espacio. Son moi abundates os debuxos de Lugrís, e destacamos a serea.
PINTURA:
Temáticamente tamén representa o mundo do mar, o mundo dos soños marinos e submarinos, un mundo surrealista, metafísico, fabulador, mítico, etc. Estilisticamente caracterízase por un barroquísmo das formas moi minuciosas e detallísta con influencias de Dalí, Patinir, Brueghel, o Bosco, etc. As técnicas son: o óleo, as serigrafías, o collage, a tinta china sobre o papel, etc.
MURAIS:
Sobre todo destacan os da cofradía de Malpica onde hai 5, e no piso de arriba, nas oficinas hai 3.
ILUSTRACIONS DE LIBROS:
Colaborou na ilustración de diversos libros como por exemplo:
José María Castro Viejo: "Los paisajes iluminados" (1945), ademáis da portada tamén fixo, no interior diversas pinturas, e capitulares.
Domingo Quiroga: "Padre maestro" (Martín Pinario,1954)
Luz Pozo Garza: "El vagabundo"
Miguel Gonzalez Garcés: "Isla de dos"
Avelino Cachafeiro (1969)
Darío Xoán Cabana: "Romanceiro da Terra Chá" (1983)
Xavier Xoane: "Abrelle as porta ó mar" (editorial Espiral Maior, A Coruña 2000)
Ademáis das ilustracións de libros, fai tamén diversas publicacións para revistas, periódicos, postais, pousa vasos, etc.
ARQUITECTURA:
Fixo unha ermita que chamou Santuario dos Santos Reyes (Bueu,1948-1949). Toda ela feita de cantería que aínda subsiste.