terça-feira, 21 de dezembro de 2010

segunda-feira, 20 de dezembro de 2010

domingo, 19 de dezembro de 2010

AGASALLOS EN GALEGO

O APALPADOR CHEGA O BARBANZA, O APALPADOR CHEGA A AGUIÑO.




Lembrando o curso pasado...
video
ESTA NOITE FEITEICEIRA
LOGUIÑO DE TE DUMIR
ESTA NOITE FEITEICEIRA
LOGUIÑO DE TE DUMIR
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
O APALPADOR HA DE VIR.
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
O APALPADOR HA DE VIR.

Estrofa escrita por XURXO VALCÁRCEL (Chapela-Redondela)


MONTANDO A EXPOSICIÓN DE POSTAIS DO ARCE. CHEGARON AS POSTAIS DE LLEIDA E ASTURIAS.


SAÚDE E RAICES PARA TODOS E TODAS


Podedes enviar esta postal e outras premendo en "Enviar postais" na páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

sábado, 11 de dezembro de 2010

EXPOSICIÓN DE POSTAIS TECE-REDES FEITAS EN AGUIÑO.






POSTAIS FEITAS POLO ALUMNADO, TITORÍAS, ESPECIALISTAS, ANPA E PERSOAL NON DOCENTE CON INFINIDADE DE TÉCNICAS E MATERIAIS. CON ECOS DA LINGUA DO MAR GALEGO. SERÁN EXPOSTAS NO NOSO COLEXIO E A PRÓXIMA SEMANA VIAXARÁN ATA OS CENTROS ARCE (VALÈNCIA, ASTURIAS E LLEIDA). ESPERAMOS CON MOITA ILUSIÓN A CHEGADA DAS POSTAIS DOS OUTROS CENTROS.

segunda-feira, 29 de novembro de 2010

DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO: RADIOGRAFÍATE!







O XOVES 25 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”. NO QUE VAI DE ANO LEVAMOS 63 MULLERES VÍCTIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA. PENSAMOS QUE É NECESARIO “RADIOGRAFIARNOS” E PENSAR QUE VALORES TEMOS COMO ESCOLAS, COMO FAMILIAS, COMO MEDIOS DE COMUNICACIÓN, COMO SOCIEDADE EN XERAL. OS VALORES TRANSMÍTENSE A TRAVÉS DOS XOGOS, DOS CONTOS, DOS PROGRAMAS DE TELEVISIÓN, DA LINGUAXE, DAS ACTITUDES…OS VALORES QUE LLE TRANSMITAMOS ÓS NOSOS/AS NENOS/AS DETERMINARÁN O SEU XEITO DE PLANTEXAR A VIDA.

domingo, 28 de novembro de 2010

PREPARANDO A ILUSTRACIÓN PARA O ALMANAQUE "ONDE A TERRA ACABA E O MAR COMEÇA" PARTICIPA TODO O ALUMNADO, PROFESORADO, PERSOAL NON DOCENTE E ANPA.








Outras fotos.

UN ADEUS SENTIDO E AGRADECIDO PARA FERNÁNDEZ DEL RIEGO.


Fernández Del Riego.

PEPE ROMERO, TORRES QUEIRUGA E EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN DO BARBANZA, PREMIO BARBANTIA 2010


O gaiteiro Pepe Romero, o teólogo Andrés Torres Queiruga e os Equipos de Normalización Lingüística foron elixidos polos socios de Barbantia para recibir os Sirenos de Bronce 2010 que entrega a Asociación Cultural Barbantia.
Pepe Romero conseguiu a distinción correspondente á traxectoria cultural no Barbanza, na que foron finalistas Manuel Mariño, Paola García e Xoán Mariño.
Torres Queiruga leva o sireno da cultura galega, superando a Eva Veiga, Soledad Penalta e Xosé Ramón Barreiro.
A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística faise co galardón á iniciativa cultural, por diante do Liceo de Noia, a Casa da Gramática e o Ateneo Valle-Inclán.

Fonte: A Voz.

segunda-feira, 22 de novembro de 2010

A COORDINADORA DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN DE GALICIA RECOLLE O PREMIO ALTOFALANTE EN RIBEIRA.


Nun acto no que non faltaron as gaitas de Algharabía nin as pandeiretas de Lumieira, a entidade Altofalante de Ribeira entregou o sábado, no conservatorio ribeirense, o premio instituído no 2006, co que se recoñece o traballo de quen difunden a lingua galega e a súa cultura. Nesta ocasión o distintivo recibiuno a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, á quen o presidente de Altofalante, Xosé Antonio Vázquez Cobas, animou a manter o labor desempeñado ata agora.
Vázquez Cobas, quen asegurou que o galego impregna a sociedade dun xeito transversal, con independencia de clases sociais e ideoloxías políticas, subliñou que o distintivo á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística era un xeito de darlle ánimos «xa que na súa andaina recibiu todo tipo de descalificacións».
Precisamente, este colectivo, do que agora forman parte 600 mestres de toda a comunidade, tivo a súa orixe no municipio de Ribeira. Entre os mestres que contribuíron ao seu nacemento atópanse Miguel Louzao, secretario da coordinadora que, naquel momento, impartía clases en Ribeira. Do presidente de Altofalante recibiu o premio. Sen embargo, o diploma quixo entregarllo outro docente, Luís Teira, que tamén tivo unha implicación decidida neses primeiros anos de vida do colectivo.
Voluntarios
Na súa intervención, Miguel Louzao dixo que o Altofalante era o primeiro galardón que recibía a coordinadora e non ocultou que lle causou sorpresa.
Ao mesmo tempo, comentou que as persoas que pertencen a neste colectivo traballan de forma voluntaria, no seu tempo libre, porque aman o galego. Tamén indicou que a coordinadora xurdiu por un grupo de xente que consideraba que era preciso dinamizar o ensino no galego. Nese sentido, precisou que nos seus inicios o colectivo estaba integrado por trinta persoas e que pouco a pouco foise sumando xente de toda Galicia.
Na entrega do premio estiveron presentes, entre outros, a voceira do BNG, Dominga Brión, e a concelleira e deputada provincial Rosana Pérez
A nova na Voz de Galicia.

O colexio de Aguiño participará nun proxecto educativo a nivel estatal


A nova na voz de Galicia. A nova en Certo.

Durante dous cursos, o colexio de Aguiño participará nun proxecto que se desenvolverá a nivel estatal e que leva por título Tece-Redes. A iniciativa enmárcase no plan ARCE que promove o Ministerio de Educación e Cultura.
Os estudantes de Aguiño traballarán conxuntamente con escolas de Asturias, Lleida e Valencia. Dende o centro ribeirense explican se trata dun proxecto no que a identidade galega xoga un papel esencial.
Faranse traballos nos que a comunidade educativa de Aguiño viaxará física e virtualmente mostrando a parroquia, a comarca e Galicia. Tamén terá gran relevancia a lingua e se potenciará a pluralidade tendo como marco a cultura propia.
Ao mesmo tempo, crearase un espazo comparativo de semellanzas e diferenzas, tanto históricas como sociais ou lingüísticas. Profesores dos outros centros xa tiveron a oportunidade de visitar a escola de Aguiño.

domingo, 21 de novembro de 2010

domingo, 14 de novembro de 2010

O laberinto dos soños.

sexta-feira, 12 de novembro de 2010

RECOÑECEMENTO Ó TRABALLO DA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. DENDE AGUIÑO OS NOSOS PARABÉNS!


Coordinadora Galega de Equipos de Normalización.
Premio Altofalante 2010 á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Ribeira, polo San Martiño de 2010. O presidente da asociación cultural ribeirense Altofalante, Xosé Antonio Vázquez Cobas, informa da decisión tomada este ano para conceder o premio Altofalante 2010. Como é costume en Certo, reproducimos íntegra a acta do xurado:

A Xunta Directiva da Asociación Cultural Altofalante, celebrada o sábado 2 de outubro de 2010, entre outros asuntos, por unanimidade acordou:

Conceder o premio Altofalante do Ano 2010, á Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística (CGEDNL)

Esta entidade agrupa a profesorado e Equipos de Normalización Lingüística que desenvolven a súa actividade no seo dos centros de ensino do país, de cara a que o alumnado saia da escolarización obrigatoria sendo competente na nosa lingua.

A Xunta directiva destacou como méritos á hora de conceder o premio, os seguintes:

•Ser quen de xuntar a unha parte moi importante das comunidades educativas de Galicia de cara a coordinarse e actuar conxuntamente no ámbito da normalización lingüística nos centros.
•Participar activamente -dando argumentos pedagóxicos e lingüísticos- da necesidade de que o noso idioma teña maior presenza no sistema educativo.
•A capacidade para integrar no seo da organización a profesionais do ensino público, privado e privado-concertado e de todos os niveis educativos.
•Organizar campañas de sensibilización e dinamización da nosa lingua como poden ser “Orgullosos no noso. Orgullosos do Galego” que foron un grande éxito de proxección pública.

APAÑACASTAÑAS NO MAGOSTO DE AGUIÑO







Este curso decidimos vestirnos de APAÑACASTAÑAS, profesorado, alumnado e ANPA. As Apañacastañas comeron e recolleron castañas para darllas no mes de Decembro ó Apalpador que chegará no Nadal...Os nenos e nenas de Educación Infantil levaron as castañas metidas dentro dun calcetín. A profe Cris sacou moitas fotos e seguro que estará argallando un contiño dos seus que sempre traen ventiño fresco de complicidade.Foi un día para lembrar...GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS DE AGUIÑO POLA SÚA COLABORACIÓN.

TECE-REDES: PROXECTO INTERCENTROS BIANUAL



(Marcapáxinas e Autocolantes que se repartirán entre o alumnado)

Durante dous cursos traballaremos conxuntamente con centros de Asturias, Lleida e València. Trátase dun proxecto onde a identidade xoga un papel esencial. Aguiño viaxará fisicamente e virtualmente mostrando a súa parroquia, a súa comarca, a Galicia, a nosa lingua...é potenciar o respeto pola pluraridade dende coñecendo a nosa propia cultura, creando un espazo comparativo de semellanzas e diferenzas.
Esta semana profesorado dos outros centros viaxarán o noso colexio. Neste proxecto participa todo o claustro, todo o alumnado e a Anpa; numerosas asociacións e o concello de Ribeira trouxo lotes de material (revistas, folletos..)sobre Ribeira e Galicia que será enviado ós distintos centros.

CHEGA A AGUIÑO O CABAZOLO NO SAMAÍN




ONDE A TERRA ACABA O MAR COMEÇA.


“Onde a terra acaba e o mar começa.” o título deste proxecto recolle un verso da obra de Luis Camões, título que contextualiza o mesmo, e que como o propio mar abre as portas ó coñecemento dos destinos cruzados das fisterras atlánticas. Estas serán o escenario deste novo proxecto de innovación, enfatizando o magnetismo xeográfico do noroeste, sendo Aguiño e a súa comarca unha pequena Fisterra que necesita ser coñecida en profundidade polo noso alumnado par poder establecer paralelismos con outras culturas. Este magnetismo, sen lugar a dúbidas, ten como imán principal o solpor, o morrer do sol nos nosos mares, feito recollido dende o principio dos tempos: mitoloxía, crenzas…Subliñar que o SOL xunto con outros astros e elementos naturais terán un significado protagonista neste proxecto: politeismo, escultura, gravados…
Este proxecto empezou a moldearse a partir dos distintos proxectos que xa estaban enriba da mesa unha vez saída esta convocatoria, sendo a innovación unha aposta e unha liña metodolóxica que vai fiando tódolos proxectos de centro, fusionándoos e creando unha especie de engranaxe. Deste xeito a aposta polo uso e valoración do galego é transversal e inherente a tódalas accións educativas que se desenvolven no centro.
Será unha viaxe no tempo e no espazo contrastando semellanzas e diferenzas. Outra coincidencia das fisterras que queremos incluír é o movemento migratorio.Podemos falar dun xogo de importación e exportación de elementos culturais, cuestións diferenciadoras das Fisterras Atlánticas, de principios e fins de camiños de peregrinación, tamén chamados camiños dos solpor. O estudo destes estratos históricos convertirase no coñecemento e comprensión dos mesmos como “sustrato” que configuran a nosa realidade como galegos e galegas, e como cando adoptamos distintos elementos doutras culturas moldéanse adquirindo características propias. Podemos dicir que as sementes que medran nas nosas terras adquiren as sustancias de tódalas etapas que nos diferencian e nos achegan a outras culturas.
(Imaxe de Luis Seoane)

CURSO NOVO, PROXECTOS NOVOS.


(Imaxe de Luis Seoane)
Este curso tardamos en arrancar pola cantidade de proxectos que temos enriba, debaixo, diante, detrás...da mesa, das cadeiras, dos teitos, dos muros do patio...Durante este mes e medio estivemos poñendo "a punto" a maquinaria.
Dende a biblioteca chega "Xente de aquí e acolá". Súmase o proxecto intercentros "Tece-redes" (Proxecto ARCE-MEC) onde traballaremos conxuntamente con centros de Asturias, Lleida e Valencia, acaban de concedernos o premio CREARTE 2010(MEC) e de novo estamos de parabéns polo proxecto premiado de innovación en dinamización lingüística: "Onde a terra acaba e o mar começa". Queda por diante meses de moito traballo...e de moita ilusión. Benvidos e benvidas a Aguiño neste curso 2010-2011.