sábado, 19 de dezembro de 2009

Seguimos de noraboa!. Acaban de concedernos un premio en innovación educativa polo proxecto "MergullARTE na prensa" desenvolto o curso pasado.




Resolución de premios de innovación educativa 2009.
Parabéns para todos os centros participantes que apostan pola innovación educativa galega.

quinta-feira, 17 de dezembro de 2009

Ghran Estreno en Aguinho: O APALPADOR POLO PROFESORADO DO COLEXIO.



CANTÁMOSLLE Ó APALPADOR (Levamos todo o trimestre ensaiando...)

video
ESTA NOITE FEITEICEIRA
LOGUIÑO DE TE DUMIR
ESTA NOITE FEITEICEIRA
LOGUIÑO DE TE DUMIR
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
O APALPADOR HA DE VIR.
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
O APALPADOR HA DE VIR.

Estrofa escrita por XURXO VALCÁRCEL (Chapela-Redondela)

domingo, 13 de dezembro de 2009

sexta-feira, 11 de dezembro de 2009

Cal foi a primeira conserveira? As nosas mulleres de Aguiño na Galiza conserveira.

Juan Fernández Casal di ao respecto: “A idade mínima para entrar era sobre doce anos, cando xa a rapaza podía desempeñar traballos de servizos para empacadoras... Por outro lado tampouco se poñía límite á idade máxima pois unha muller, sempre que puidese empacar, non se limitaba a súa idade. Recordo unha señora do Monte chamada María..... e considerada como boa empacadora, na súa ficha figuraba como data de nacemento en 1888”.

Investigación sobre as conserveiras.

quarta-feira, 2 de dezembro de 2009

PREMIO DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA O NOSO QUERIDO CEIP DE AGUIÑO.


(Imaxe de Leandro Lamas)

PARABÉNS PARA TODO O EQUIPO DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP DE AGUIÑO! PARABÉNS POLO PREMIO E POLA SÚA APOSTA POLO USO E VALORACIÓN DA NOSA LINGUA GALEGA E POLA LOITA POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES!
PARABÉNS PROXECTO DE MAR DE MULLERES ASOLAGADAS!

PARABÉNS A TODOS OS CENTROS PARTICIPANTES!
Nova do Premio.