sábado, 31 de janeiro de 2009

Poema visual de 4ºB: "Pescando no xornal".



As nenas e os nenos de 4ºB pescan no xornal novas do mundo que lles gustaría cambiar para que o significado da palabra PAZ latexe en tódolos mares.

Poema visual do Ceip de Puxín (Ourense).


quarta-feira, 28 de janeiro de 2009

Sumerxidas e sumerxidos coa nosa querida Serea.



A asociación Manisdixital colabora co noso colexio deseñándonos autocolantes da Serea de Castelao.



Chegan novos poemas visuais de 4º de Primaria do Ceip Xulio Camba de Vilanova de Arousa.


A ANPA colabora con aparellos de pesca neste proxecto.



Moitas mans moldean a Serea de Aguiño.


Sálvora vai collendo forma.



Os Reis Magos tamén falan en galego.



Os Reis Magos achegáronse ata o noso colexio. Trouxeron unha morea de contos en galego,porque cada vez que van a un sitio falan e respetan o idioma dos nenos e das nenas que visitan.

Así naceu unha serea en Aguiño.


Cortando a maqueta da illa de Sálvora.


domingo, 25 de janeiro de 2009

domingo, 18 de janeiro de 2009

Pola Paz.


sábado, 17 de janeiro de 2009

O noso colexio é un dos socios fundadores da Coordinadora da Barbanza de Equipos de Normalización Lingüística.



Este curso constituiuse a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), onde están representados numerosos centros educativos de toda a comarca. A suma do esforzo dos distintos Equipos de Normalización e Dinamización pola normalización e valoración da nosa lingua xa comenzou a súa andaina o curso pasado organizando por exemplo o Correlingua. A primeira proposta deste curso e este tríptico con lecturas recomendadas para o noso alumnado escritas por autores e autoras barbanzáns ou que desenvolven o seu argumento na nosa comarca.

O Equipo de Medio Ambiente prepara unha maqueta da Illa de Sálvora.


Pinochio chega ca súa dorna a Aguiño.



Pinochio é un bo amigo amigo noso, é unha compañeiro de viaxes. O Equipo de Medio Ambiente está buscando e investigando en distintos mapas do noso litoral, para coñecer o nome das rochas,das praias...para deseñar unha maqueta da Illa de Sálvora.

"VENDAVALIÑO AMOROSO,

VENDAVALIÑO, PONTE QUEDO,

DEIXA PASAR MEU IRMÁN

DOS BAIXOS DE CORRUBEDO"

(Cantiga Popular)

5º de Primaria navega polos mares de Mendinho.




As nosas rapazas e rapaces fan unha obra plástica a partir da cantiga medieval de Mendinho (1).
Sedia-m'eu na ermida de San Simión

e cercaron-mi as ondas, que grandes son.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


Estando na ermida ant'o altar,

cercaron-mi as ondas grandes do mar.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?




E cercaron-mi as ondas, que grandes son:

non hei i barqueiro, nen remador.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


E cercaron-mi as ondas do alto mar: non hei i barqueiro, nen sei remar.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá




Non hei i barqueiro, nen remador:

morrerei eu fremosa no mar maior.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


Non hei i barqueiro, nen sei remar:

morrerei fremosa no alto mar.

Eu atendend'o meu amigo. E verrá?



(1)Mendinho.

Poemas sobre o mar onde se bañan as nosas sereas.


Unhas das propostas que se fixo dende o Equipo de Innovación do noso colexio foi facer unha recopilación de poemas onde se sinte latexar a presenza do mar. En total, temos 12 poemas celtas, 52 poemas en lingua portuguesa, 311 poemas en lingua galega e 59 cantigas populares. En breve teredes un exemplar deste impresionante traballo de investigación e sentimento na nosa biblioteca. Son poemas de escritoras e escritores que texen redes co eco das súas palabras: Manuel Cintra, Adilia, Pessoa, Manuel Antonio, María Mariño, Xohana Torres, Manuel María...
As nosas sereas de Aguiño báñanse a partir de hoxe nestes versos.
Dende a coordinación do Equipo de Innovación en Normalización Lingüística agradecer este magnífico traballo a mestra Rosa, parabéns e grazas polo teu tempo, esforzo e sensibilidade.

"SAÍA A SEREA
CON SAÍA DE MAR.
SAÍA A SEREA,
CANTANDO UN CANTAR."
(Ana MªFernández).



"GALICIA SOMOS NÓS:
A XENTE E MÁIS A FALA
¡SI BUSCAS A GALICIA
EN TI TÉS QUE ATOPALA!
(Manuel María)

Exposición de poemas visuais.



A medida que van chegando poemas visuais doutros centros (Fene, Ferrol, Puxín, Vilanova, Catoira...) imos sumando estas obras nunha exposición que vai medrando en cantidade e calidade.

sábado, 10 de janeiro de 2009

Inaguramos o 2009 cunha curtametraxe:O pai de Migueliño.



Podedes ver esta curtametraxe baseada nun conto de Castelao. Esta producción dos anos 70 invítanos a reflexionar sobre a inmigración, sobre persoas con mapas emocionais nas súas maletas. (1).
(1) O pai de Migueliño.

quinta-feira, 1 de janeiro de 2009

Biblioxogo do mar.

BIBLIOxogo Do Mar
Aínda estades a tempo de participar no Biblioxogo de mar, cubride este documento e deixadeo na biblioteca do colexio á volta das vacacións: aprende xogando e xoga aprendendo!.