segunda-feira, 28 de fevereiro de 2011

domingo, 27 de fevereiro de 2011

SEMANA DO ENTROIDO SURREALISTA NO CEIP DE AGUIÑO.



ENTROIDO SURREALISTA NO CEIP DE AGUIÑO 2011
Benqueridas familias:
O surrealismo é unha corrente artística na que os/as artistas, en moitas ocasións, expresan as súas emocións e sentimentos a través de obxectos da vida cotiá. Estes obxectos cobran vida e novos significados, por exemplo unha zapatilla pode ser un teléfono, un caldeiro pode ser un sombreiro… Obxectos que rodean ós nosos nenos e ás nosas nenas.
Dende o colexio apostamos pola Didáctica da Fantasía e pola creación de espazos de estimulación que amplíen e enriquezan os esquemas cognitivos, emocionais e sociais do noso alumnado. Esta é a razón que nos moveu para deseñar esta proposta.
Pedimos a vosa colaboración para que cada día os nenos e as nenas traían ó colexio os seguintes materiais:
LUNS 28 DE FEBREIRO: DÍA DO PELUCHE. Este día traerán un peluche e unha perruca.
MARTES 1 DE FEBREIRO: DÍA DA CAIXA. Este día traerán unha caixa de zapatos baleira e un bigote pintado.
MÉRCORES 2 DE FEBREIRO: DÍA DA VERZA. Este día traerán unha hortaliza (verdura, legume…) e un sombreiro.
XOVES 3 DE FEBREIRO: DÍA DO OBXECTO SECRETO. Este día traerán o obxecto desexen envolto nunha tea, non o descubrirán ata chegar as aulas. O obxecto non pode ser un xoguete. Buscade un obxecto que non sexa fráxil, que non sexa moi valioso e que se poida manipular.

Moitas grazas pola vosa valiosísima colaboración.
Un saúdo surrealista .

RECURSOS PARA TRABALLAR O ENTROIDO.


Recursos recopilados pola Coordinadora Galega.

RACÓ DE GALICIA EN VALÈNCIA.

Blogue de València.

PRANTAMOS A CERDEIRA QUE NOS CHEGA DENDE LLEIDA.

A Píllara.

PRANTAMOS BULBOS NA HORTA.




OBRADOIRO DE MÁSCARAS SOLARES CASTREXAS: ALUMANDO, PROFESORADO E FAMILIAS.













ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA PREPARAN UN RECITAL DE POESIA EN CATALÁN-GALEGO.


FAMILIAS DO CEIP DE AGUIÑO COLABORAN NA REALIZACIÓN DOS TRAXES E COMPLEMENTOS DE ENTROIDO.









sábado, 12 de fevereiro de 2011

OBRADOIRO DE CARTEIS DIXITAIS: ARCESAURIUS FEITOS CON AUTOCOLANTES ARCE.

OBRADOIRO DE CARTEIS DIXITAIS: PERCEBE EN AGUIÑO.


(Fotos cedidas por Antonio Parada)
Os carteis serán publicados tamén no blogue do Tece-redes para compartilos cos centros Arce. Serán impresos para expoñer no colexio.