terça-feira, 30 de março de 2010

Almanaque: Mar de Mulleres Asolagadas (Montado polo Equipo Tics)

ALMANAQUE COMPllowScriptAccess="always" quality="high" bgcolor="#ffffff" allowFullScreen="true" flashVars="" >
View more presentations or Upload your own.

segunda-feira, 22 de março de 2010

As Fareiras-Redeiras inspiradas na obra de Maruja Mallo.



Rematamos a mesa da POETISA, feita por todo o alumnado do Ceip de Aguiño. "As cartas que nunca enviei, as cartas que nunca recibin".





A mesa dunha Fareira de Educación Artística.



A mesa dunha Veterinaria de 5ºA, dunha Exiptóloga de 2º e dunha costureira 6º A.





POESÍA NA CHUVIA, NA NÉBOA...


MARÍA SILENCIO

Cabeleira de chuvia, ollos de néboa.
María Silencio, esfarrapada, á espreita.

Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A túa anguria fala con olladas.

María Nocturna: no peirán ¿que esperas?
¿polo día non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?

María Silencio, sempre dura e muda...
¿Cal é a barca que agardas?

Das fontes dos teus ollos
flúen ríos de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...

María Silencio, eu roubaría
no ceu
a estrela de mel,
na agua
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.

Se queres ulir flores,
dareiche a flor da lúa.

María do Mar, ¿que barca agardas?

¿Queres o sol, carne de lúa fría?

O sol é un porco-espiño disfrazado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.

Pescado pola cana do abrente,
dareicho eu, raiolante e mollado.

¡María Silencio, Voz Dormida: fala!

¿A que afogado esperas,
María da Sombriza Espranza?

María Silencio, ¿agardas a túa voz?
¿As ondas do mar levado roubároncha?

De chuvia e vento vestida,
María Silencio, calada...

Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961)

sexta-feira, 19 de março de 2010

Un adeus agradecido a Miguel Delibes.

Miguel Hernández: 100 anos de poesía.



Fiandeira namorada.(Uxio Novoneyra)



FIANDEIRA namorada
que fías detralo lume
cos ollos postos nas chamas
roxiñas brancas i azules.

Fiandieriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas máis delgadiñas
que o fío do pensamento.

Cai a neve branca fora
riba dos teitos calada
mentras ti fías e soñas
nunha cousiña lonxana...

SON DE POETAS
.

(Fotos Asociación Sagres)

A Asociación de Aguiño Sagres colabora no noso proxecto de Innovación.

Esta asociación leva tempo facendo unha magnífica labor de recollida de fotos antigas da parroquia, onde o mar é o protagonista da vida da nosa xente, da vida dos nosos nenos e nenas. Estas fotos son un magnífico recurso para traballar agora no noso colexio: estamos ilustrando poemas, facendo pequenas exposicións, comparando presente e pasado,....Dentro do noso proxecto de Innovación: Mar de mulleres asolagadas salientamos especialmente aquelas onde están retratadas as nosas mulleres. Moita grazas a Asociación Sagres por todo!

Poema de Uxío Novoneyra:MULLER PRA LONXE.

ANDAS as ruas coma se fora a praia
lenelene entras na carta
i escribes diante frores murchas
a fibela do meu traxe sigue tan benfeita

ouh muller para lonxe
pra aquil que tral'o locir d'intres nada pode haber diario

chegas do NORDE
pasas da saga á cantiga levando sola a gran imaxen

soños
vir a tempo

súpeta creba a forcia dos isolados
g r a n d e s
a l t o s
pra cair

A MESA DA MERGULLADORA (que se mergulla na Lagoa de Carregal).



Os nosos pasillos están cheos de mesas de Mulleres Traballadoras: pouco a pouco vanse rematando, non hai présa. MESA DUNHA DENTISTA.


Facémonos eco: Os nenos e as nenas do Ceip de Sigüeiro "Están orgullos@s do noso, orgullos@s do galego".

sábado, 13 de março de 2010

Seguimos buscando poesía nos nosos mares....

ESCOITASE O MAR.OLLOS DE SEREAS DURMIDAS.
OLLO DE PEIXE.

Redeiras.

quinta-feira, 4 de março de 2010

Mesa-collage dunha XEÓGRAFA, feita polas mestras de PT e AL.




Mesa-collage dunha AMA DE CASA. Feita pola ANPA do Ceip de Aguiño.


Preparando Mesas-collages sobre mulleres galegas e distintos oficios. Preparando a mesa que faremos todo o colexio sobre a mesa dunha POETISA.






Faremos esta mesa-collage-poetisa entre todo o colexio xogando coa metáfora de:AS CARTAS QUE XAMAIS ENVIEI, AS CARTAS QUE XAMAIS RECIBIN.Cada neno/a aportará un sobre,para crear un gran mantel...Cantas cartas escribiche e non chegache a enviar?Cantas cartas quedaron nun caixón? Cantas cartas non chegaron ó teu caixón?...Cantas!