«Amada dos vellos deuses, mortos e esquecidos xa, que Sálvora lle chamaron, afeitos nela a atopar repouso doce e tranquilo de celestiais afáns».
Na noite estrelecida. Ramón Cabanillas.
Onde a terra acaba e o mar começa.
No curso 2008-2009 o Ceip de Aguiño desenvolveu un proxecto de Innovación en Normalización Lingüística: "Sereas e Heroínas de Sálvora: Sereas e Heroínas galegas ". No curso 2009-2010 "Mar de Mulleres Asolagadas".
Este curso embarcámonos no proxecto "Onde a terra acaba e o mar começa".
Chega un poema visual do Ceip de Punxín (Ourense).
Este curso o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística púsoxe en contacto con outros colexios para facer unha rede de Poemas Visuais, onde xoguemos con distintos obxectos e as palabras que nos suxiran, palabras cas que fagamos asociacións, palabras que nos fan sentir un mundo de sensacións...palabras na nosa lingua, en galego. Grazas nenos e nenas do Ceip de Punxín! (1)