quarta-feira, 19 de novembro de 2008

Poemas visuais.

Ceip Pazos de Ferrol. Nenas e nenos de 3 anos.
No Ceip de O Ramo en Fene, fixeron a experiencia de pasar a cabaza por todos os cursos, comparando, facendo rimas...unha experiencia xenial.

Escola de Educación Infantil Baiuca.



Escola de Educación Infantil de Baiuca, tomaron como referencia o poema feito polo noso cole en 5ºB partindo tamén dunha chave. Tamén buscaron o significado das palabras do poema do noso cole que descoñecían.



Ceip Xulio Camba. 2ºde Primaria.

Ceip Punxín. Nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.
Seguen chegando poemas visuais para o noso proxecto de "Apadriña/amadriña unha palabra". No colexio estamos montando unha exposición con todos os que compomos en Aguiño e os que chegan por correo electrónico. É unha experiencia nova para todas e todos nós na que sentimos palabras en galego, na que mimamos a nosa lingua e invitamos a outros centros a facelo.