sábado, 17 de janeiro de 2009

Poemas sobre o mar onde se bañan as nosas sereas.


Unhas das propostas que se fixo dende o Equipo de Innovación do noso colexio foi facer unha recopilación de poemas onde se sinte latexar a presenza do mar. En total, temos 12 poemas celtas, 52 poemas en lingua portuguesa, 311 poemas en lingua galega e 59 cantigas populares. En breve teredes un exemplar deste impresionante traballo de investigación e sentimento na nosa biblioteca. Son poemas de escritoras e escritores que texen redes co eco das súas palabras: Manuel Cintra, Adilia, Pessoa, Manuel Antonio, María Mariño, Xohana Torres, Manuel María...
As nosas sereas de Aguiño báñanse a partir de hoxe nestes versos.
Dende a coordinación do Equipo de Innovación en Normalización Lingüística agradecer este magnífico traballo a mestra Rosa, parabéns e grazas polo teu tempo, esforzo e sensibilidade.

"SAÍA A SEREA
CON SAÍA DE MAR.
SAÍA A SEREA,
CANTANDO UN CANTAR."
(Ana MªFernández).



"GALICIA SOMOS NÓS:
A XENTE E MÁIS A FALA
¡SI BUSCAS A GALICIA
EN TI TÉS QUE ATOPALA!
(Manuel María)