
quarta-feira, 25 de fevereiro de 2009
sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009
A serea xa ten cor de ollos...
quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009
A historia do Santa Isabel e as Heroínas de Sálvora.
001 Santa Isabel02
Este conto foi escrito por Luis Teira, mestre de PT (Ceip O Grupo).Moitas grazas por compartilo compañeiro!
Publish at Scribd or explore others:
Este conto foi escrito por Luis Teira, mestre de PT (Ceip O Grupo).Moitas grazas por compartilo compañeiro!
Chega o Capitán Benito e a Grumeta Quilla ó Ceip de Aguiño..
Onte chegou o Capitán Benito e a Grumeta Quilla. Contáronnos o conto do naufráxio do Santa Isabel. Fixéronno a través das sombras das personaxes principais: das heroínas, do mar, do faro, da serea...Foi realmente fermoso que nos falaran dunha historia que forma parte da identidade da nosa xente, dos ecos das profundidades do noso mar...en breve colgaremos a historia para que todos e todas poidades defrutar dela.
Dende aqui, agradecemos moito a Luis e Elena (mestre e mestra de PT do Ceip O Grupo) que viñeran ó noso colexio a compartir o seu bo facer coas nenas e nenos.
O Equipo de Medio Ambiente pranta cacahuetes.
sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009
Día da Candeloria: 2 de Febreiro.Día do AMOR en Galiza.

Hoxe é o día da Candeloria e segundo a crenza popular neste día os páxaros casan nas árbores, por iso di o refrán "A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa" .
Esta é unha festa de orixe celta que supón o renacer da natureza pola chegada da primavera. Na actualidade é a data escollida para celebrar o Día do Amor en Galiza e seguindo as propostas dos equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e Biblioteca do noso colexio decidimos conmemorar este día decíndolle a alguén que o queremos cun poema sobre o mar. Amor para todas e para todos, sen formas definidas!
quinta-feira, 5 de fevereiro de 2009
A maqueta mallada, mallada!
Assinar:
Postagens (Atom)