Saía a serea
con saia de mar.
Saía a serea,
cantando un cantar.
Saía a serea
con saia salgada,
cabelos de noite
e escama dourada.
Saía a serea
dun fondo castelo,
levaba unha cuncha
prendida do pelo.
(Ana María Fernández).
«Amada dos vellos deuses, mortos e esquecidos xa, que Sálvora lle chamaron, afeitos nela a atopar repouso doce e tranquilo de celestiais afáns». Na noite estrelecida. Ramón Cabanillas.