domingo, 7 de junho de 2009

O pintor das sereas: Urbano Lugrís.




- Nace no 1908 (A Coruña), morre en Vigo (1973) e está enterrado no cemiterio de Pereiró. Fillo de Purificación González, que era pianista e Manuel Lugrís Freire, escritor, galeguista, agrarista, presidente da Real Academia Galega…
- Dende neno síntese atraido pola beleza do mar.
- Fai estudios de perito mercantil.
- En Madrid nos anos 30, na segunda República, participa moi directamente nas Misións Pedagóxicas, que eran "escolas ambulantes", que levaban a cultura ós pobos de máis difícil acceso: teatro, guiñol, pinturas (museos), bibliotecas, conferencias.... Nelas participaron outra xente importante como Federico García Lorca, Alberti, Rafael Dieste ou Ramón Gaya. Participa en publicación como a revista Brétema. En Malpica tivo lugar unha das Misións Pedagóxicas máis importantes no 1933, onde participa tamén Cándido Fernández Mazas.
- Gran pintor, debuxante, decorador, muralista... Leva unha vida bohemia, desinteresada, vivindo ó día (carpe diem).
- Vive en Coruña, Madrid e Vigo. En moitos bares e tascas deixa a súa obra en forma de murais, algúns xa perdidos. Hoxe pódense ver no "Nova Galicia" de Santiago; "Fornos", "Vechio", "Drago", todos eles na Coruña...
- Estivo moi ligado a moi ligado a Álvaro Cunqueiro, Antón Avilés de Taramancos, Manuel María... podendo atopar na súa obra moitas influencias deles.
- Desde a morte da súa muller no 1961, Urbano Lugrís debaterase nun ir e vir de fondas depresións, máis entre unha e outra seguirá pintando coa mesma forza e riqueza imaxinativa que o caracterizou sempre, ata o mesmo ano da súa morte
- No ano 1997 ten lugar a mostra mais amplia do pintor. "Urbano Lugrís, Viaxe ao redor do meu mundo" (comisariada por Rosario Sarmiento e Antón Patiño) que ten lugar no Círculo de Belas Artes de Madrid e no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
- No ano 2007 Luís Rei Núñez publica O señor Lugrís e a negra sombra, novela baseada nos últimos anos da vida do pintor

A SÚA OBRA.

- Sobre todo atopamos: Debuxos, pintura, murais e ilustracións de libros. Temáticamente a obra de Lugrís, está chea de continuas referencias ó mar. Lugrís representa na pintura ó mar o que Xulio Verne na literatura ou Manuel Antonio (de Catro a Catro) ou Paul Valery (Cemiterio Marino) na poesía. Entre moitas outras obras podedemos sinalar as seguintes:

DEBUXO:
A liña aparece como filigrana poética; temáticamente representa, tamén o mar, as veces as imaxes, forman un xerogrífico no espacio. Son moi abundates os debuxos de Lugrís, e destacamos a serea.
PINTURA:
Temáticamente tamén representa o mundo do mar, o mundo dos soños marinos e submarinos, un mundo surrealista, metafísico, fabulador, mítico, etc. Estilisticamente caracterízase por un barroquísmo das formas moi minuciosas e detallísta con influencias de Dalí, Patinir, Brueghel, o Bosco, etc. As técnicas son: o óleo, as serigrafías, o collage, a tinta china sobre o papel, etc.
MURAIS:
Sobre todo destacan os da cofradía de Malpica onde hai 5, e no piso de arriba, nas oficinas hai 3.
ILUSTRACIONS DE LIBROS:
Colaborou na ilustración de diversos libros como por exemplo:
José María Castro Viejo: "Los paisajes iluminados" (1945), ademáis da portada tamén fixo, no interior diversas pinturas, e capitulares.
Domingo Quiroga: "Padre maestro" (Martín Pinario,1954)
Luz Pozo Garza: "El vagabundo"
Miguel Gonzalez Garcés: "Isla de dos"
Avelino Cachafeiro (1969)
Darío Xoán Cabana: "Romanceiro da Terra Chá" (1983)
Xavier Xoane: "Abrelle as porta ó mar" (editorial Espiral Maior, A Coruña 2000)
Ademáis das ilustracións de libros, fai tamén diversas publicacións para revistas, periódicos, postais, pousa vasos, etc.
ARQUITECTURA:
Fixo unha ermita que chamou Santuario dos Santos Reyes (Bueu,1948-1949). Toda ela feita de cantería que aínda subsiste.