“Mar de mulleres asolagadas” é un proxecto de Innovación en Normalización e Dinamización Lingüística deseñado polo profesorado do Ceip de Aguiño, que empezou a trazarse a finais do curso pasado tras valorar moi positivamente o anterior proxecto que impregnou toda a actividade educativa “ Sereas e Heroínas de Sálvora”. Podemos dicir que esta é unha continuidade, xa que no curso pasado focalizamos a nosa atención en feitos reais como foi o afundimento do Santa Isabel e as Heroínas; e nun compoñente fantástico como son as sereas. Este curso seguiremos traballando a temática do mar vinculada á muller.
Anteriormente, no transfondo latexaba a presenza da muller e a reinvindicación de ocupar na historia do pensamento galego o lugar que se merece. Este curso esta aposta reinvindicativa ocupa un primeiro plano, dándolle protagonismo ás mulleres do mar de Aguiño, e por extensión a todas as mulleres que viven no contexto sociocultural galego.
Polo tanto, o noso eixo temático será a muller galega no seu contexto cotiá. Avaliada a acollida da Didáctica da fantasía a través das sereas, decidimos fusionar esta realidade con personaxes mitolóxicas femininas dos medios acuosos que forman parte do maxín colectivo, que tamén responde á necesidade de explicar o mundo e os seus múltiples fenómenos. O curso pasado contextualizamos o proxecto na Illa de Sálvora e este será no Complexo Dunar de Corrubedo, concretamente nas lagoas de Carregal e Vixán onde existe unha cidade asolagada, con diferentes lendas que moldean tamén parte da identidade do noso alumnado. Desta fusión nace o noso proxecto e o seu título, Mar de mulleres asolagadas.