domingo, 30 de maio de 2010

PROFESORADO E ANPA DO NOSO COLEXIO AXUDAN NA PEGADA DE CARTEIS EN AGUIÑO.



A Coordinadora de Equipos de Normalización do Barbanza acaba de presentar a campaña Eu, tamén en galego, difundida a través de carteis e protagonizada por veciños e veciñas do Barbanza cunha traxectoria profesional e social recoñecida.
Todas estas persoas, representantes de moi distintos ámbitos e traballos (un mariño mercante, unha traballadora social, un xuíz, unha pasteleira...), animan ao uso normal, desprexuizado, da lingua. O galego séntalle ben a todo o mundo, Eu tamén poño copas en galego ou Non se pode cuestionar, falar galego é natural, son algunhas das mensaxes que acompañan as súas imaxes.





Na Voz de Galicia.

Unha campaña que conecta coa da Coordinadora Galega Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego, que non para de enriquecerse.