sexta-feira, 20 de novembro de 2009
Mapas Mundis, Mapas Galeguis.
Este curso dende o Equipo de Innovación en Normalización Lingüística fixemos a proposta de ir situando nun mapa o lugar onde están embarcadas as persoas significativas do noso alumnado. Agradecemos a colaboración das familias que nos informan de como a fala galega pode escoitarse no mundo mundial.