quinta-feira, 12 de novembro de 2009
QUEREMOS APRENDER GALEGO!
A finais do curso pasado chegaron dez nenos e nenas de distintas partes do mundo. Todos e todas teñen nomes galegos con X e os seus apelidos é a tradución da palabra Serea a distintos idiomas: italiano, alemán, catalán, portugués...Este curso sairán de paseo por Aguiño para aprender cos nenos e as nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria a falar en galego, xogando nas súas casas.
Coa colaboración das familias irán anotando as palabras que aprendan nun caderno que medrará ó longo de todo o curso.
Queridos bonecos e bonecas de aqui e acolá! benvidos e benvidas ó colexio, a Aguiño e a nosa Galiza.