sexta-feira, 19 de março de 2010

A Asociación de Aguiño Sagres colabora no noso proxecto de Innovación.

Esta asociación leva tempo facendo unha magnífica labor de recollida de fotos antigas da parroquia, onde o mar é o protagonista da vida da nosa xente, da vida dos nosos nenos e nenas. Estas fotos son un magnífico recurso para traballar agora no noso colexio: estamos ilustrando poemas, facendo pequenas exposicións, comparando presente e pasado,....Dentro do noso proxecto de Innovación: Mar de mulleres asolagadas salientamos especialmente aquelas onde están retratadas as nosas mulleres. Moita grazas a Asociación Sagres por todo!

Poema de Uxío Novoneyra:MULLER PRA LONXE.

ANDAS as ruas coma se fora a praia
lenelene entras na carta
i escribes diante frores murchas
a fibela do meu traxe sigue tan benfeita

ouh muller para lonxe
pra aquil que tral'o locir d'intres nada pode haber diario

chegas do NORDE
pasas da saga á cantiga levando sola a gran imaxen

soños
vir a tempo

súpeta creba a forcia dos isolados
g r a n d e s
a l t o s
pra cair