«Amada dos vellos deuses, mortos e esquecidos xa, que Sálvora lle chamaron, afeitos nela a atopar repouso doce e tranquilo de celestiais afáns».
Na noite estrelecida. Ramón Cabanillas.
Onde a terra acaba e o mar começa.
No curso 2008-2009 o Ceip de Aguiño desenvolveu un proxecto de Innovación en Normalización Lingüística: "Sereas e Heroínas de Sálvora: Sereas e Heroínas galegas ". No curso 2009-2010 "Mar de Mulleres Asolagadas".
Este curso embarcámonos no proxecto "Onde a terra acaba e o mar começa".
(Fotos cedidas por Antonio Parada) Os carteis serán publicados tamén no blogue do Tece-redes para compartilos cos centros Arce. Serán impresos para expoñer no colexio.