O profesor Honorato e o profesor Cerapio da Universidade Nacional de Huancavelica (Perú) visita a nosa escola interesados pola aposta do uso e valoración do galego, como lingua propia de Galicia. Fixeron un paralelismo coa lingua Quechua, propia do seu lugar de orixe. Son profesores que imparten docencia a futuros mestres/as dentro da área de "Valor pedagóxico da cultura andina para educar en valores e actitudes a partir da escola". Ambos mestres felicitaron ó profesorado pola labor pedagóxica-lingüística que se fai no Ceip de Aguiño.
Obradoiro feito con 4º de Primaria.