«Amada dos vellos deuses, mortos e esquecidos xa, que Sálvora lle chamaron, afeitos nela a atopar repouso doce e tranquilo de celestiais afáns».
Na noite estrelecida. Ramón Cabanillas.
Onde a terra acaba e o mar começa.
No curso 2008-2009 o Ceip de Aguiño desenvolveu un proxecto de Innovación en Normalización Lingüística: "Sereas e Heroínas de Sálvora: Sereas e Heroínas galegas ". No curso 2009-2010 "Mar de Mulleres Asolagadas".
Este curso embarcámonos no proxecto "Onde a terra acaba e o mar começa".
Como xa dixemos, o proxecto de Innovación en Normalización xa está en marcha. Neste proxecto están implicados tódolos equipos de dinamización do centro. Dende a biblioteca recomendan distintas obras para que investiguemos sobre o escenario no que se vai a desenvolver o noso proxecto:As Lagoas de Vixán e Carregal.
Este curso seguiremos poemando. Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio invitamos a outros centros a participar neste proxecto entre centros, na actualidade xa somos 17 os que estamos nesta rede por todo o pais: compartindo, aprendendo uns de outros,...visibilizando "o noso facer e sentir" pola lingua galega,pola lingua de Galiza. O nome do poemario vinculase co proxecto de Innovación en Normalización Lingüística "Mar de mulleres asolagadas". Blogue de Redeiras.
“Mar de mulleres asolagadas” é un proxecto de Innovación en Normalización e Dinamización Lingüística deseñado polo profesorado do Ceip de Aguiño, que empezou a trazarse a finais do curso pasado tras valorar moi positivamente o anterior proxecto que impregnou toda a actividade educativa “ Sereas e Heroínas de Sálvora”. Podemos dicir que esta é unha continuidade, xa que no curso pasado focalizamos a nosa atención en feitos reais como foi o afundimento do Santa Isabel e as Heroínas; e nun compoñente fantástico como son as sereas. Este curso seguiremos traballando a temática do mar vinculada á muller. Anteriormente, no transfondo latexaba a presenza da muller e a reinvindicación de ocupar na historia do pensamento galego o lugar que se merece. Este curso esta aposta reinvindicativa ocupa un primeiro plano, dándolle protagonismo ás mulleres do mar de Aguiño, e por extensión a todas as mulleres que viven no contexto sociocultural galego. Polo tanto, o noso eixo temático será a muller galega no seu contexto cotiá. Avaliada a acollida da Didáctica da fantasía a través das sereas, decidimos fusionar esta realidade con personaxes mitolóxicas femininas dos medios acuosos que forman parte do maxín colectivo, que tamén responde á necesidade de explicar o mundo e os seus múltiples fenómenos. O curso pasado contextualizamos o proxecto na Illa de Sálvora e este será no Complexo Dunar de Corrubedo, concretamente nas lagoas de Carregal e Vixán onde existe unha cidade asolagada, con diferentes lendas que moldean tamén parte da identidade do noso alumnado. Desta fusión nace o noso proxecto e o seu título, Mar de mulleres asolagadas.
Hoxe Galiza despertou con máis forza e enerxía. Corren ríos de tinta virtual en moitas páxinas e nos blogues dos centros educativos falando da manifestación de onte en Santiago de Compostela. Pais, nais, avós, avoas...xente de tódalas cores, porque o GALEGO, é de todos e de todas!
Galego, portugués, castelán, inglés, francés, catalán, alemán…o universo é un puzzle!, e nós, as galegas e os galegos, afortunadamente, formamos parte do planeta terra cunha lingua propia, isto chámase ter moita sorte! E ademáis gústanos coñecer outras pezas do puzzle e decirlle ó mundo que nos tamén temos unha coa que podemos encaixar.
Cando chega o final de curso é hora de facer balance e avaliar todo o traballo feito durante o ano. O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística traballou durante todo este tempo polo uso e a valoración do galego. O curso pasado empezamos a facer un estudo sociolingüístico a nivel de toda a Barbanza onde se pon en manifesto a sombra da desgaleguización que está sufrindo a nosa comarca. Obsérvase como curso a curso vaise perdendo galego/as falantes. É preciso facer un alto no camiño e ser autocríticos e autocríticas buscando responsabilidades para frear este proceso que nos resta riqueza e identidade como galegas e galegos: Medios de comunicación? Administración? Profesorado? Familias? Entre todas e todos vestimos os nosos nenos e nenas, polo tanto o espazo de reflexión ten que partir dende o embigo de cada quen, todas e todos tecemos as súas vestimentas. Se nós, como adultos e adultas, falamos en galego, eles e elas falarán en galego! Se nos valoramos o galego, eles e elas valorarán a súa lingua! Se nos mimamos cada palabra, cada expresión…cada son en galego, eles e elas construirán un presente e un futuro de prestixio e dignidade, unha Galiza onde o galego poida sobrevivir e medrar ca enerxia que se merece. Enerxía que logo se reinvertirá en aprender novas linguas e respetar outras culturas que tamén lle farán medrar como persoas respetando a diversidade, a pluralidade,...deixemos que os nosos nenos e nenas teñan o dereito a ser irrepetibles, únicos e insustituibles, como as pezas dun puzzle de cores. Nesta liña o Equipo de Normalización e Dinamización Língüística desenvolveu un amplo abanico de propostas, buscando dar cobertura e implicando o maior número de axentes educativos na súa programación.Entre outras actividades podemos salientar: - Investigación trimestral co material aportado polas familias: alcumes, sobre Sálvora e receitas mariñeiras. - Colaboracións cos distintos Equipos de Dinamiación e titorías: biblioconcurso e poemario visual con centros de toda Galicia coordinado con Biblioteca; Dotación de recursos bibliográficos para o Equipo de Medio Ambiente, Educación Física, contos para as aulas de Educación Infantil, Revista co Equipo de Tic, Bonecos interculturais para Educación Infantil… - Organización do correlingua. - Autocolantes. - Día da Candeloria. - Colaboración coa Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (onde participan colexios de Rianxo, Pobra, Boiro e Ribeira), algunhas das cousas que se fixeron este curso foron: folleto de recomendación de lecturas para o Nadal, correlingua… Seguiremos traballando para que as nosas nenas e os nosos nenos teñan o dereito a seguir medrando na súa lingua.
Mañá, Martes 16 de Xuño, faranse unhas xornadas “de portas abertas” onde poderedes vir a gozar de moitos dos traballos que fixeron os nenos e as nenas durante todo o curso e que serán expostos nos pasillos do colexio, de 16.00 ás 18.00.
Tamén haberá unha proxeción de imaxes na aula de audiovisuais de distintas actividades que se desenvolveron ó longo do curso e unha proxección de fotografías cedidas pola Asociación Sagres e a Anpa. ………………………………………. 1ª PROXECIÓN: 16.00-16.30: “Mans salgadas: 100 anos da nosa historia” (ANPA) 16.30-17.00: “ Heroínas e Sereas de Sálvora” (Imaxes do curso)
2ª PROXECIÓN: 17.00-17.30: “ Heroínas e Sereas de Sálvora” (Imaxes do curso) 17.30-18.00: “Mans salgadas: 100 anos da nosa historia” (ANPA)
Según o Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, proporán: a) Medidas para potencia-lo uso da lingua galega nas actividades do centro. b) Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellora-la competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
E será competencia do coordinador/a:
Proporcionarlles ós membros da comunidade educativa información sobre as actividades do equipo e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados coa realidade galega.
Según o Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, proporán: a) Medidas para potencia-lo uso da lingua galega nas actividades do centro. b) Proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellora-la competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.
E será competencia do coordinador/a:
Proporcionarlles ós membros da comunidade educativa información sobre as actividades do equipo e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados coa realidade galega.
- Nace no 1908 (A Coruña), morre en Vigo (1973) e está enterrado no cemiterio de Pereiró. Fillo de Purificación González, que era pianista e Manuel Lugrís Freire, escritor, galeguista, agrarista, presidente da Real Academia Galega… - Dende neno síntese atraido pola beleza do mar. - Fai estudios de perito mercantil. - En Madrid nos anos 30, na segunda República, participa moi directamente nas Misións Pedagóxicas, que eran "escolas ambulantes", que levaban a cultura ós pobos de máis difícil acceso: teatro, guiñol, pinturas (museos), bibliotecas, conferencias.... Nelas participaron outra xente importante como Federico García Lorca, Alberti, Rafael Dieste ou Ramón Gaya. Participa en publicación como a revista Brétema. En Malpica tivo lugar unha das Misións Pedagóxicas máis importantes no 1933, onde participa tamén Cándido Fernández Mazas. - Gran pintor, debuxante, decorador, muralista... Leva unha vida bohemia, desinteresada, vivindo ó día (carpe diem). - Vive en Coruña, Madrid e Vigo. En moitos bares e tascas deixa a súa obra en forma de murais, algúns xa perdidos. Hoxe pódense ver no "Nova Galicia" de Santiago; "Fornos", "Vechio", "Drago", todos eles na Coruña... - Estivo moi ligado a moi ligado a Álvaro Cunqueiro, Antón Avilés de Taramancos, Manuel María... podendo atopar na súa obra moitas influencias deles. - Desde a morte da súa muller no 1961, Urbano Lugrís debaterase nun ir e vir de fondas depresións, máis entre unha e outra seguirá pintando coa mesma forza e riqueza imaxinativa que o caracterizou sempre, ata o mesmo ano da súa morte - No ano 1997 ten lugar a mostra mais amplia do pintor. "Urbano Lugrís, Viaxe ao redor do meu mundo" (comisariada por Rosario Sarmiento e Antón Patiño) que ten lugar no Círculo de Belas Artes de Madrid e no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. - No ano 2007 Luís Rei Núñez publica O señor Lugrís e a negra sombra, novela baseada nos últimos anos da vida do pintor
A SÚA OBRA.
- Sobre todo atopamos: Debuxos, pintura, murais e ilustracións de libros. Temáticamente a obra de Lugrís, está chea de continuas referencias ó mar. Lugrís representa na pintura ó mar o que Xulio Verne na literatura ou Manuel Antonio (de Catro a Catro) ou Paul Valery (Cemiterio Marino) na poesía. Entre moitas outras obras podedemos sinalar as seguintes:
DEBUXO: A liña aparece como filigrana poética; temáticamente representa, tamén o mar, as veces as imaxes, forman un xerogrífico no espacio. Son moi abundates os debuxos de Lugrís, e destacamos a serea. PINTURA: Temáticamente tamén representa o mundo do mar, o mundo dos soños marinos e submarinos, un mundo surrealista, metafísico, fabulador, mítico, etc. Estilisticamente caracterízase por un barroquísmo das formas moi minuciosas e detallísta con influencias de Dalí, Patinir, Brueghel, o Bosco, etc. As técnicas son: o óleo, as serigrafías, o collage, a tinta china sobre o papel, etc. MURAIS: Sobre todo destacan os da cofradía de Malpica onde hai 5, e no piso de arriba, nas oficinas hai 3. ILUSTRACIONS DE LIBROS: Colaborou na ilustración de diversos libros como por exemplo: José María Castro Viejo: "Los paisajes iluminados" (1945), ademáis da portada tamén fixo, no interior diversas pinturas, e capitulares. Domingo Quiroga: "Padre maestro" (Martín Pinario,1954) Luz Pozo Garza: "El vagabundo" Miguel Gonzalez Garcés: "Isla de dos" Avelino Cachafeiro (1969) Darío Xoán Cabana: "Romanceiro da Terra Chá" (1983) Xavier Xoane: "Abrelle as porta ó mar" (editorial Espiral Maior, A Coruña 2000) Ademáis das ilustracións de libros, fai tamén diversas publicacións para revistas, periódicos, postais, pousa vasos, etc. ARQUITECTURA: Fixo unha ermita que chamou Santuario dos Santos Reyes (Bueu,1948-1949). Toda ela feita de cantería que aínda subsiste.