terça-feira, 27 de outubro de 2009

sábado, 24 de outubro de 2009

Investigando.


Como xa dixemos, o proxecto de Innovación en Normalización xa está en marcha. Neste proxecto están implicados tódolos equipos de dinamización do centro. Dende a biblioteca recomendan distintas obras para que investiguemos sobre o escenario no que se vai a desenvolver o noso proxecto:As Lagoas de Vixán e Carregal.

Poemario experimental: Redeiras.


Este curso seguiremos poemando. Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio invitamos a outros centros a participar neste proxecto entre centros, na actualidade xa somos 17 os que estamos nesta rede por todo o pais: compartindo, aprendendo uns de outros,...visibilizando "o noso facer e sentir" pola lingua galega,pola lingua de Galiza. O nome do poemario vinculase co proxecto de Innovación en Normalización Lingüística "Mar de mulleres asolagadas".
Blogue de Redeiras.

segunda-feira, 19 de outubro de 2009

Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística. Curso 2009-2010

(Ilustracións de Leandro Lamas)
Mar de mulleres asolagadas” é un proxecto de Innovación en Normalización e Dinamización Lingüística deseñado polo profesorado do Ceip de Aguiño, que empezou a trazarse a finais do curso pasado tras valorar moi positivamente o anterior proxecto que impregnou toda a actividade educativa “ Sereas e Heroínas de Sálvora”. Podemos dicir que esta é unha continuidade, xa que no curso pasado focalizamos a nosa atención en feitos reais como foi o afundimento do Santa Isabel e as Heroínas; e nun compoñente fantástico como son as sereas. Este curso seguiremos traballando a temática do mar vinculada á muller.
Anteriormente, no transfondo latexaba a presenza da muller e a reinvindicación de ocupar na historia do pensamento galego o lugar que se merece. Este curso esta aposta reinvindicativa ocupa un primeiro plano, dándolle protagonismo ás mulleres do mar de Aguiño, e por extensión a todas as mulleres que viven no contexto sociocultural galego.
Polo tanto, o noso eixo temático será a muller galega no seu contexto cotiá. Avaliada a acollida da Didáctica da fantasía a través das sereas, decidimos fusionar esta realidade con personaxes mitolóxicas femininas dos medios acuosos que forman parte do maxín colectivo, que tamén responde á necesidade de explicar o mundo e os seus múltiples fenómenos. O curso pasado contextualizamos o proxecto na Illa de Sálvora e este será no Complexo Dunar de Corrubedo, concretamente nas lagoas de Carregal e Vixán onde existe unha cidade asolagada, con diferentes lendas que moldean tamén parte da identidade do noso alumnado. Desta fusión nace o noso proxecto e o seu título, Mar de mulleres asolagadas.

Pola nosa lingua, por nós!


Hoxe Galiza despertou con máis forza e enerxía. Corren ríos de tinta virtual en moitas páxinas e nos blogues dos centros educativos falando da manifestación de onte en Santiago de Compostela. Pais, nais, avós, avoas...xente de tódalas cores, porque o GALEGO, é de todos e de todas!

Blogue da Coordinadora do Barbanza de equipos de dinamización e normalización Lingüística.

segunda-feira, 12 de outubro de 2009