«Amada dos vellos deuses, mortos e esquecidos xa, que Sálvora lle chamaron, afeitos nela a atopar repouso doce e tranquilo de celestiais afáns».
Na noite estrelecida. Ramón Cabanillas.
Onde a terra acaba e o mar começa.
No curso 2008-2009 o Ceip de Aguiño desenvolveu un proxecto de Innovación en Normalización Lingüística: "Sereas e Heroínas de Sálvora: Sereas e Heroínas galegas ". No curso 2009-2010 "Mar de Mulleres Asolagadas".
Este curso embarcámonos no proxecto "Onde a terra acaba e o mar começa".
Esta asociación leva tempo facendo unha magnífica labor de recollida de fotos antigas da parroquia, onde o mar é o protagonista da vida da nosa xente, da vida dos nosos nenos e nenas. Estas fotos son un magnífico recurso para traballar agora no noso colexio: estamos ilustrando poemas, facendo pequenas exposicións, comparando presente e pasado,....Dentro do noso proxecto de Innovación: Mar de mulleres asolagadas salientamos especialmente aquelas onde están retratadas as nosas mulleres. Moita grazas a Asociación Sagres por todo!
Faremos esta mesa-collage-poetisa entre todo o colexio xogando coa metáfora de:AS CARTAS QUE XAMAIS ENVIEI, AS CARTAS QUE XAMAIS RECIBIN.Cada neno/a aportará un sobre,para crear un gran mantel...Cantas cartas escribiche e non chegache a enviar?Cantas cartas quedaron nun caixón? Cantas cartas non chegaron ó teu caixón?...Cantas!