quarta-feira, 29 de outubro de 2008
Poemas visuais enviados pola Escola de Educación Infantil Baiuca (Catoira).
Como xa vos contamos o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio puxo en marcha unha dinámica de "Apadriña/amadriña unha palabra" creando unha rede de centros de toda Galiza. Estes son os poemas que nos chegan dende Catoira(1).
(1)Escola de Educación Infantil Baiuca.
terça-feira, 28 de outubro de 2008
domingo, 26 de outubro de 2008
Orella Pendella.
O mestre Belarmino de Educación Física este curso vai traballar con cancións de sortes en galego para facer equipos, para organizar distintas dinámicas...É importante que os nosos nenos e nenas xoguen tamén en galego, que os patios e os recreos falen coma elas e eles(1)
As mestras de Educación Infantil tamén traballan cos estas cancionciñas tódolos días: para elexir encargado ou encargada, para facer a fila,...(2)
(1)Orella Pendella.
(2)Bicos de vento.
sábado, 25 de outubro de 2008
Samaín no IES de Coroso.
Grazas a Internet podemos coñecer experiencias doutros centros, propostas que nos fan sentir a realidade dende distintos ángulos...esta montaxe cunha canción en galego.Grazas a quen leva por bandeira o verbo COMPARTIR.
As nosas historias encantadas.
Contos de medo.
Chega o tempo das cabazas, do samaín, das historias cheas de misterio...no colexio o Equipo de Biblioteca e de Normalización e Dinamización Lingüística está organizando a "Semana dos medos" recomendando lecturas(1), visionado de animacións... cales son os teus medos?.
(1) Noite de Samaín de Pepe Carreiro.
quinta-feira, 23 de outubro de 2008
Chega un poema visual do Ceip de Punxín (Ourense).
Grazas nenos e nenas do Ceip de Punxín! (1)
segunda-feira, 20 de outubro de 2008
domingo, 19 de outubro de 2008
sábado, 18 de outubro de 2008
Pintando a Serea de Castelao.
Benvidas e benvidos a Heroínas de Sálvora.
Este curso o Ceip de Aguiño está de noraboa. Foi premiado por un proxecto de Innovación en Normalización Lingüística presentado a finais do curso pasado (1). O tema escollido contextualizase no mar, concretamente no mar de Aguiño, escribindo en maiúsculas a súa historia de Serea e Heroínas de Sálvora. Este proxecto é o froito da suma de esforzo do profesorado, do alumnado, do persoal non docente, da Anpa e de dúas asociacións culturais do concello. Esta proxecto é o froito da aposta e compromiso para traballar polo uso, valoración e prestixio da nosa lingua.
(1). Premio de Innovación.