terça-feira, 22 de dezembro de 2009
sábado, 19 de dezembro de 2009
Seguimos de noraboa!. Acaban de concedernos un premio en innovación educativa polo proxecto "MergullARTE na prensa" desenvolto o curso pasado.
Resolución de premios de innovación educativa 2009.
Parabéns para todos os centros participantes que apostan pola innovación educativa galega.
sexta-feira, 18 de dezembro de 2009
quinta-feira, 17 de dezembro de 2009
CANTÁMOSLLE Ó APALPADOR (Levamos todo o trimestre ensaiando...)
ESTA NOITE FEITEICEIRA
LOGUIÑO DE TE DUMIR
ESTA NOITE FEITEICEIRA
LOGUIÑO DE TE DUMIR
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
O APALPADOR HA DE VIR.
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
ENTRE A NEVE SILANDEIRA
O APALPADOR HA DE VIR.
Estrofa escrita por XURXO VALCÁRCEL (Chapela-Redondela)
quarta-feira, 16 de dezembro de 2009
domingo, 13 de dezembro de 2009
sexta-feira, 11 de dezembro de 2009
Cal foi a primeira conserveira? As nosas mulleres de Aguiño na Galiza conserveira.
Juan Fernández Casal di ao respecto: “A idade mínima para entrar era sobre doce anos, cando xa a rapaza podía desempeñar traballos de servizos para empacadoras... Por outro lado tampouco se poñía límite á idade máxima pois unha muller, sempre que puidese empacar, non se limitaba a súa idade. Recordo unha señora do Monte chamada María..... e considerada como boa empacadora, na súa ficha figuraba como data de nacemento en 1888”.
Investigación sobre as conserveiras.
quarta-feira, 9 de dezembro de 2009
quinta-feira, 3 de dezembro de 2009
quarta-feira, 2 de dezembro de 2009
PREMIO DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA O NOSO QUERIDO CEIP DE AGUIÑO.
(Imaxe de Leandro Lamas)
PARABÉNS PARA TODO O EQUIPO DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP DE AGUIÑO! PARABÉNS POLO PREMIO E POLA SÚA APOSTA POLO USO E VALORACIÓN DA NOSA LINGUA GALEGA E POLA LOITA POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES!
PARABÉNS PROXECTO DE MAR DE MULLERES ASOLAGADAS!
PARABÉNS A TODOS OS CENTROS PARTICIPANTES!
Nova do Premio.
segunda-feira, 30 de novembro de 2009
domingo, 29 de novembro de 2009
sábado, 28 de novembro de 2009
Xandre, o elefante sen sombra.
Xandre, o elefante sen sombra. (No trianguliño que aparece na parte de abaixo podedes escoitalo)
Cousiñas sobre Xandre.
quinta-feira, 26 de novembro de 2009
quarta-feira, 25 de novembro de 2009
A forza do noso amor.
GALICIA digo eu.
GALICIA dicimos todos.
A forza do noso amor.
Non pode ser inútil.
(Uxío Novoneyra)
Este curso adicarémoslle o día das Letras Galegas Uxío Novoneyra. No blogue da coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Barbanza xa empezamos a facer unha recopilación de materiais.
segunda-feira, 23 de novembro de 2009
25 de Novembro: Día da eliminación da violencia de xénero.Causa para os 365 do ano.
View more presentations
Presentación feita por Mila Lemos, dende o Ceip de Aguiño, moitas grazas!
Presentación feita por Mila Lemos, dende o Ceip de Aguiño, moitas grazas!
sábado, 21 de novembro de 2009
sexta-feira, 20 de novembro de 2009
Segue medrando o Proxecto de Innovación:Animals And Feeding
O Proxecto de Innovación este curso está ambientado nas lagoas do Complexo Dunar de Corrubedo. A mestra de inglés,Monse, está investigando sobre os animaliños que viven neste escenario.Estudiamos en inglés especies galegas.
Mapas Mundis, Mapas Galeguis.
quinta-feira, 19 de novembro de 2009
sábado, 14 de novembro de 2009
quinta-feira, 12 de novembro de 2009
QUEREMOS APRENDER GALEGO!
A finais do curso pasado chegaron dez nenos e nenas de distintas partes do mundo. Todos e todas teñen nomes galegos con X e os seus apelidos é a tradución da palabra Serea a distintos idiomas: italiano, alemán, catalán, portugués...Este curso sairán de paseo por Aguiño para aprender cos nenos e as nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria a falar en galego, xogando nas súas casas.
Coa colaboración das familias irán anotando as palabras que aprendan nun caderno que medrará ó longo de todo o curso.
Queridos bonecos e bonecas de aqui e acolá! benvidos e benvidas ó colexio, a Aguiño e a nosa Galiza.
domingo, 8 de novembro de 2009
Premio de Innovación da USC polo "Obradoiro de Sensibilización cara a diversidade funcional" no proxecto " Sereas e Heroínas de Sálvora"
Acaban de concederlle un Premio de Innovación da Universidade de Santiago de Compostela a Enma Mayo, a profesora que viu o noso centro o curso pasado para facer o obradoiros de sensibilizacion cara a diversidade funcional incluído no noso proxecto de Innovación en Normalización Lingüística do curso pasado "Sereas e Heroínas de Sálvora", onde sentimos o mar cos cinco sentidos. Este curso estamos deseñando outra intervención nesta liña dentro do novo proxecto "Mar de mulleres asolagadas".
Parabéns e grazas Enma! Parabéns Ceip de Aguiño!
quinta-feira, 5 de novembro de 2009
terça-feira, 27 de outubro de 2009
Assinar:
Postagens (Atom)