quarta-feira, 25 de fevereiro de 2009

sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009

As novas gorras de Normalización e Dinamización Lingüística.


A serea xa ten cor de ollos...




E día a día na aula de Educación Artística de Primaria a serea vai amosando os seus rasgos traducidos en carácter de muller de mar, o seu corpo...a cor azul dos seus ollos salgados.

quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009

A historia do Santa Isabel e as Heroínas de Sálvora.

001 Santa Isabel02
Este conto foi escrito por Luis Teira, mestre de PT (Ceip O Grupo).Moitas grazas por compartilo compañeiro!

Chega o Capitán Benito e a Grumeta Quilla ó Ceip de Aguiño..




Onte chegou o Capitán Benito e a Grumeta Quilla. Contáronnos o conto do naufráxio do Santa Isabel. Fixéronno a través das sombras das personaxes principais: das heroínas, do mar, do faro, da serea...Foi realmente fermoso que nos falaran dunha historia que forma parte da identidade da nosa xente, dos ecos das profundidades do noso mar...en breve colgaremos a historia para que todos e todas poidades defrutar dela.
Dende aqui, agradecemos moito a Luis e Elena (mestre e mestra de PT do Ceip O Grupo) que viñeran ó noso colexio a compartir o seu bo facer coas nenas e nenos.

O Equipo de Medio Ambiente pranta cacahuetes.




Así somos de exóticos no noso colexio. Dentro de pouquiño estaremos comendo cacahuetes que medrarán na nosa horta.

Rir por non chorar.



E seguimos reflexionando a través do humor...

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Poema visual da mestra Gloria: Navegando por mares galegos.

Día da Candeloria: 2 de Febreiro.Día do AMOR en Galiza.





Hoxe é o día da Candeloria e segundo a crenza popular neste día os páxaros casan nas árbores, por iso di o refrán "A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa" .
Esta é unha festa de orixe celta que supón o renacer da natureza pola chegada da primavera. Na actualidade é a data escollida para celebrar o Día do Amor en Galiza e seguindo as propostas dos equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e Biblioteca do noso colexio decidimos conmemorar este día decíndolle a alguén que o queremos cun poema sobre o mar. Amor para todas e para todos, sen formas definidas!

Día da Paz: espazos de reflexión.




A pel e escamas da nosa serea.



Sumerxíndonos nas cores dos poemas.



quinta-feira, 5 de fevereiro de 2009

A maqueta mallada, mallada!




...E pouco a pouco o alumnado do noso colexio vai moldeando a illa de Sálvora, igual que o vento e a auga salgada esculpe formas insospeitadas nas súas rochas.