sábado, 29 de novembro de 2008

Poema do Ceip Aguiño das nenas e dos nenos de 4 anos B.



TÍTULO: PALABRAS PARA CHEGAR A LÚA.

Poema do Ceip O Ramo de Fene: Cabalo Negro dos nenos e nenas de 3 anos.


Neste poema mimaron as palabras:
-SUAVE
- NEGRO
- SERPE
- ORELLA
- PATAS
- RABO
- CABEZA
- MAZÁ

quinta-feira, 20 de novembro de 2008

O noso poemario segue medrando: Estes son os últimos poemas do Ceip de Aguiño.

Poema das nenas e dos nenos de 5 anos de Educación Infantil.
Poema das nenas e dos nenos de 5 anos de Educación Infantil.
Poema das nenas e dos nenos de 4 anos A de Educación Infantil.
Poema das nenas e dos nenos de 4ºB de Educación Primaria.

quarta-feira, 19 de novembro de 2008

Poemas visuais.

Ceip Pazos de Ferrol. Nenas e nenos de 3 anos.
No Ceip de O Ramo en Fene, fixeron a experiencia de pasar a cabaza por todos os cursos, comparando, facendo rimas...unha experiencia xenial.

Escola de Educación Infantil Baiuca.



Escola de Educación Infantil de Baiuca, tomaron como referencia o poema feito polo noso cole en 5ºB partindo tamén dunha chave. Tamén buscaron o significado das palabras do poema do noso cole que descoñecían.



Ceip Xulio Camba. 2ºde Primaria.

Ceip Punxín. Nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.
Seguen chegando poemas visuais para o noso proxecto de "Apadriña/amadriña unha palabra". No colexio estamos montando unha exposición con todos os que compomos en Aguiño e os que chegan por correo electrónico. É unha experiencia nova para todas e todos nós na que sentimos palabras en galego, na que mimamos a nosa lingua e invitamos a outros centros a facelo.

O xardín das camelias.










Os rapaces e rapazas de 6ª están realizando un proxecto titulado"O xardin das camelias".Primeiro mediron o terreo e fixeron un plano a escala, no que cada un/a fixo o seu boceto. Nesta presentación podedes ver os planos que deseñaron . Despois puxéronse a traballar: limparon, sacharon, plantaron,...E moi pronto todos e todas disfrutaremos dun precioso xardín.

domingo, 16 de novembro de 2008

Saimos no xornal.

O proxecto de Innovación en Normalización Lingüística xa está en marcha. Saimos en distintos medios de comunicación.

(1) La voz de Galicia.

(2)Código cero.

(3) Páxina da Xunta.

Á nosa escola tamén ven Pinochio (2ºB).


Na clase de 2ºB da mestra Gloria, teñen un compañeiro moi especial que empezou a vir ó noso colexio o curso pasado. Chámase Pinochio e este ano preséntanos a todos as súas amigas e amigos, que son xoguetiños que lle van traendo as nenas e os nenos. Pinochio é moi presumido e sempre se está cambiando de roupa. Mirade o seu armario!.

Poema visual: Ceip Pazos de Ferrol.



Este poema visual foi feito por nenas e nenos de 3 anos do Ceip Pazos de Ferrol (1) ca súa mestra Rosa (que estivo fai un par de cursos no noso colexio).

(1). Ceip Pazos.

As nenas e os nenos de Primaria limpan o patio.


Seguimos preparando a horta: prantamos trigo.




quarta-feira, 12 de novembro de 2008

Poemas visuais de 5ºB.



Títulos dos poemas: "A chave que todo abre", "Cara onde vou".

sábado, 8 de novembro de 2008

Para traballar o tema do Magosto.

Recursos en-liña Do Magosto

Documento de toctictic.

Semana dos Medos no Ceip de Aguiño.




Esta semana celebramos “A semana dos medos” entre outras estas foron algunhas das actividades que se fixeron: Contos de medo nun teatrillo de luz, baile de pantasmas (1), xogos de medo no Encerado Dixital, contacontos na biblioteca (3), caixas-pantasmas en Educación Artística (2)…
(1) Caderno de aula de 4 anos A.
(2) Caderno de Educación Artística.
(3) Caderno de Biblioteca.




Poema visual de 4 anos B: As follas con mensaxes.

Estes poemas foron realizados pola aula de 4 anos B (1).
(1)Caderno da aula 4anos B: Sereas sen Cadeas.

quinta-feira, 6 de novembro de 2008

Proxecto do Equipo de Medio Ambiente.


O Equipo de Medio Ambiente do colexio está preparando distintas zonas do patio para prantar aqueles gallos que traian as nenas e os nenos, colaborando deste xeito as familias na dinamización do centro. O esforzo compartido dará o seu froito igual que a semente e a historía de amor deste vídeo.

quarta-feira, 5 de novembro de 2008

Poema visual do Ceip O Ramo: "A cabaza de Fene".





Hoxe chegou outro Poema visual onde as nenas e os nenos do Ceip O Ramo (Fene) apadriñaron e amadriñaron palabras en galego a partir dunha cabaza.

Poema visual de 2ºB: "A cremalleira viaxeira".


As nenas e os nenos de 2ºB da mestra Gloria elaboraron este poema visual titulado "A cremalleira visual." Esta obra encádrase dentro do proxecto "Apadriña/amadriña unha palabra" no que participan varios colexios invitados polo noso Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística: Ceip Punxín (1), Ceip Pazos(2), Ceip O Ramo, Ceip Xulio Camba(3) e Escola E.Infantil Baiuca (4)
(1) Ceip Punxín.
(2) Ceip Pazos.
(3) Ceip Xulilo Camba.
(4)E.E.I Baiuca.
Se algún colexio desexa recibir máis información sobre este proxecto pode escribirnos a: calcetins5@gmail.com