Mostrando postagens com marcador Mares de poemas.. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Mares de poemas.. Mostrar todas as postagens
sábado, 28 de março de 2009
Mariñeiras de terra.
"Lonxe". Poema de Lorenzo Varela.
Fotos de Marisa. Nai de Mariví, Ana e Lucía. Presidenta da ANPA.
O noso agradecemento dende o Equipo de Innovación en Normalización a tódalas Redeiras de Aguiño.
sábado, 21 de março de 2009
Maxicamente vello,eternamente novo...
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
precisamos a lingua
se queremos vencer!
A fala - Manuel María
21 de Marzo: Día da poesia, voz os sentimentos.

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
CELSO EMILIO FERREIRO.
(1)Longa noite de pedra.
sexta-feira, 20 de março de 2009
O mar do medievo en 5º de Primaria-
¡Ai ondas!, eu vin ver
se me saberedes dicer
¿por que tarda tanto en vir onda min o meu amigo?
¡Ai ondas!, eu vin mirar
se me saberedes contar
¿por que tarda tanto en vir onda min o meu amigo?
MARTÍN CODAX.
(1)Podedes escoitar cantigas musicadas e outros poemas galegos.
sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009
Día da Candeloria: 2 de Febreiro.Día do AMOR en Galiza.

Hoxe é o día da Candeloria e segundo a crenza popular neste día os páxaros casan nas árbores, por iso di o refrán "A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa" .
Esta é unha festa de orixe celta que supón o renacer da natureza pola chegada da primavera. Na actualidade é a data escollida para celebrar o Día do Amor en Galiza e seguindo as propostas dos equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e Biblioteca do noso colexio decidimos conmemorar este día decíndolle a alguén que o queremos cun poema sobre o mar. Amor para todas e para todos, sen formas definidas!
sábado, 17 de janeiro de 2009
5º de Primaria navega polos mares de Mendinho.
As nosas rapazas e rapaces fan unha obra plástica a partir da cantiga medieval de Mendinho (1).
Sedia-m'eu na ermida de San Simión
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
E cercaron-mi as ondas, que grandes son:
non hei i barqueiro, nen remador.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
E cercaron-mi as ondas do alto mar: non hei i barqueiro, nen sei remar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá
Non hei i barqueiro, nen remador:
morrerei eu fremosa no mar maior.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
Non hei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei fremosa no alto mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?
(1)Mendinho.
Poemas sobre o mar onde se bañan as nosas sereas.
Unhas das propostas que se fixo dende o Equipo de Innovación do noso colexio foi facer unha recopilación de poemas onde se sinte latexar a presenza do mar. En total, temos 12 poemas celtas, 52 poemas en lingua portuguesa, 311 poemas en lingua galega e 59 cantigas populares. En breve teredes un exemplar deste impresionante traballo de investigación e sentimento na nosa biblioteca. Son poemas de escritoras e escritores que texen redes co eco das súas palabras: Manuel Cintra, Adilia, Pessoa, Manuel Antonio, María Mariño, Xohana Torres, Manuel María...
As nosas sereas de Aguiño báñanse a partir de hoxe nestes versos.
Dende a coordinación do Equipo de Innovación en Normalización Lingüística agradecer este magnífico traballo a mestra Rosa, parabéns e grazas polo teu tempo, esforzo e sensibilidade.
"SAÍA A SEREA
CON SAÍA DE MAR.
SAÍA A SEREA,
CANTANDO UN CANTAR."
(Ana MªFernández).
"GALICIA SOMOS NÓS:
A XENTE E MÁIS A FALA
¡SI BUSCAS A GALICIA
EN TI TÉS QUE ATOPALA!
(Manuel María)
Assinar:
Postagens (Atom)