domingo, 27 de junho de 2010

CARTA ABERTA A ANXO LORENZO.

Desde a coordinadora galega de ENDL, como docentes e moitos tamén como nais e pais, dirixímonos a vostede para amosarlle a nosa enorme preocupación e o noso abraio sobre o que vai ocorrer coa lingua galega no ensino, especialmente na etapa de infantil, onde non se garante a súa aprendizaxe, máis ben o contrario.

Nós, que interpretamos a riqueza lingüística de Galicia como unha vantaxe, porque cremos que as linguas realmente suman, asistimos con perplexidade ao feito de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística que vostede dirixe, creada para impulsar a normalización da lingua galega, non faga nada para conseguir este obxectivo. En realidade, as medidas artelladas ata o momento, levan –e vostede como sociolingüista sábeo moi ben e así o ten manifestado– á castelanización dos galegofalantes e a seguir convertendo o galego nunha lingua estranxeira para os nenos de contextos castelanfalantes.

Todos os docentes sabemos que o que está redactado no Decreto 79/2010 referido a esta cuestión: “Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia dentro dos límites da etapa ou ciclo” é imposible de levar á práctica en contextos castelanfalantes.

Deixando á marxe o pouco rigor do termo “lingua materna” e o pésimo sistema que se propón para dictaminala, como sociolingüista, sabe que o peso social do castelán na nosa sociedade e a presión que exerce o grupo nestas idades, require a posta en práctica de medidas concretas e activas que garantan a aprendizaxe da lingua minorizada en todos os contextos pero especialmente nos castelanfalantes, onde –se non é así– resulta imposible que o alumnado adquira competencias nas dúas linguas por igual nesta etapa tal e como establece a LOE.

Como docentes coñecedores da realidade diaria dos centros, informámolo de que nos resulta máis imposisible aínda atender “de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna” con ratios de 25 nenos e nenas por aula, o que leva a unha clara marxinación lingüística do alumnado galegofalante, que deixa de selo na primeira semana en que asiste ás clases.

Esta filosofía de atender o alumnado segundo a lingua materna xa rexía o Decreto 247/1995, tendo como consecuencia unha clara e masiva desgaleguización da poboación máis nova durante os últimos anos, tal e como se aprecia en todos os estudos e informes existentes… ou simplemente escoitando o que se fala na rúa.

Non atopamos por ningures as medidas de apoio á lingua galega que vostede anunciou, polo momento, a única medida tomada foi en sentido contrario: a eliminación dos Proxectos de Innovación Educativa para as aulas de Infantil en galego en contextos castelanfalantes, programados no PXNLG, plan que axudou vostede a redactar e que foi aprobado por unanimidade no Parlamento en 2004, co voto do actual presidente do Goberno. Estes Proxectos de Innovación Educativa, denominados “liñas de galego”, foron avaliados moi positivamente porque se mostraron eficaces na aprendizaxe do galego por alumnado de contornos castelanfalantes, sen que se resentise nada a adquisición de castelán presente de maneira permanente no seu contorno habitual.

Dada a gravidade deste asunto, pedímoslle, señor Lorenzo:

a) Que se permita a permanencia das “ liñas de galego” en contextos castelanfalantes nos máis de 40 centros da nosa comunidade que están funcionando sen custo ningún para a administración. Facer isto non sería outra cousa que aplicar unha medida normalizadora e mais –de paso– cumprir o prometido por vostede e mais polo señor conselleiro de Educación na reunión mantida connosco hai escasamente un ano.

b) Que se teña en conta a situación de desprotección e debilidade en que se atopan os nenos e nenas galegofalantes, aínda en contextos de uso habitual do galego, pois a presión social do castelán é cada vez maior. Solicitamos, por tanto, medidas concretas para a súa protección.

Como responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística está na súa man demostrar que esta institución traballa para os fins para os que foi creada e que a Consellería da que forma parte realmente busca a igualdade das dúas linguas existentes na nosa comunidade, feito que pasa –e vostede ben o sabe– por axudar á minorizada.

Coordinadora Galega de ENDL

segunda-feira, 21 de junho de 2010

DECÁLOGO.

segunda-feira, 14 de junho de 2010

VAN CHEGANDO AS CASIÑAS FEITAS POLAS FAMILIAS DE AGUIÑO, ENTRE TODAS FORMAREMOS UNHA CIDADE ASOLAGADA


GRAVACIÓN DUNHA REPORTAXE NO NOSO COLEXIO POLA FACULTADE DE XORNALISMO DA UNIVERSIDADE DA SANTIAGO.


OBRADOIRO DE SENSIBILIZACION CARA A DIVERSIDADE FUNCIONAL CON ENMA, PROFESORA E PSICOLOGA DA USC.






UNHA MULLER INDEPENDIENTE TEN MOITOS ROLES:PROFESIONAL,AMA DE CASA, CIDADÁ, OCIO...COMO PODO SABER CALES SON OS CALCETÍNS DE CADA PARELLA NA LAVADORA SE SON CEGA? COMO PODO RECOÑECER AS MOEDAS E OS BILLETES? COMO PODO GOZAR DUNHA PELÍCULA?...O EQUIPO DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA APOSTA POLA EDUCACIÓN NA SENSIBILIDADE.

Gran estreo en Aguiño: Un conto sobre os seres mitolóxicos da auga feito pola mestra Cris...un conto para soñar!


ESTE CONTO ESTÁ FEITO COS DISFRACES SOBRE OS SERES MITOLÓXICOS DAS AUGAS GALEGAS.
VIDEO.

sexta-feira, 11 de junho de 2010

O EQUIPO "X" DE 3ºB DE PRIMARIA: XAMÓN, XEITO,XIRAFA, XOIA, XURELO







XANELA,XEADO,XIGANTE,XOGAR,XUÑO...