Mostrando postagens com marcador Novas.. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Novas.. Mostrar todas as postagens

sábado, 17 de janeiro de 2009

O noso colexio é un dos socios fundadores da Coordinadora da Barbanza de Equipos de Normalización Lingüística.



Este curso constituiuse a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza (CENDLB), onde están representados numerosos centros educativos de toda a comarca. A suma do esforzo dos distintos Equipos de Normalización e Dinamización pola normalización e valoración da nosa lingua xa comenzou a súa andaina o curso pasado organizando por exemplo o Correlingua. A primeira proposta deste curso e este tríptico con lecturas recomendadas para o noso alumnado escritas por autores e autoras barbanzáns ou que desenvolven o seu argumento na nosa comarca.

domingo, 16 de novembro de 2008

Saimos no xornal.

O proxecto de Innovación en Normalización Lingüística xa está en marcha. Saimos en distintos medios de comunicación.

(1) La voz de Galicia.

(2)Código cero.

(3) Páxina da Xunta.

sábado, 18 de outubro de 2008

Pintando a Serea de Castelao.



Este curso creouse un Equipo de Dinamización novo no colexio: Equipo de Educación Artística. O mestre Telmo e a mestra Iria fixeron este escudo de Castelao, con esta obra de arte que xa está pendurada no pasillo inaguramos o noso proxecto de innovación: Sereas e Heroínas de Sálvora.