segunda-feira, 30 de março de 2009
O Ceip de Aguiño no Rexurdimento da nosa lingua a través dos blogues.
Vídeo realizado polo IES Pobra do Caramiñal.
sábado, 28 de março de 2009
Poemario visual: Poemas do Ceip de Pazos (Ferrol) e do Ceip de Quintela (Moaña)

Podedes visitar os blogues dos nosos colexios amigos e compañeiros neste poemario visual para ver máis cousiñas que fan dentro dun proxecto sobre China (Moaña) e un proxecto sobre "Sacapenas-Gaza"(Ferrol).
(1) Ceip de Pazos.
(2) Ceip de Quintela.
Mariñeiras de terra.
"Lonxe". Poema de Lorenzo Varela.
Fotos de Marisa. Nai de Mariví, Ana e Lucía. Presidenta da ANPA.
O noso agradecemento dende o Equipo de Innovación en Normalización a tódalas Redeiras de Aguiño.
sexta-feira, 27 de março de 2009
sábado, 21 de março de 2009
Maxicamente vello,eternamente novo...
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
precisamos a lingua
se queremos vencer!
A fala - Manuel María
21 de Marzo: Día da poesia, voz os sentimentos.

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
CELSO EMILIO FERREIRO.
(1)Longa noite de pedra.
sexta-feira, 20 de março de 2009
O mar do medievo en 5º de Primaria-
¡Ai ondas!, eu vin ver
se me saberedes dicer
¿por que tarda tanto en vir onda min o meu amigo?
¡Ai ondas!, eu vin mirar
se me saberedes contar
¿por que tarda tanto en vir onda min o meu amigo?
MARTÍN CODAX.
(1)Podedes escoitar cantigas musicadas e outros poemas galegos.
quinta-feira, 12 de março de 2009
Remos-pinceis.
terça-feira, 10 de março de 2009
domingo, 8 de março de 2009
Día da muller Traballadora.

As veces é preciso facer un alto no camiño para coller alento. Hoxe facémolo para lembrar a necesidade de visibilizar e recoñecer o traballo das nosa mulleres:avoas,nais,amas de casa,camioneiras,mariscadoras...
Onde co teu canto, o imposible
camiño da morte?
Onde enmudecen as sereas
e a miña vida comeza a ser vida.
(Pilar Blanco).
O deseño do autocolante é a partir dun debuxo do artista/escritor Luis Seoane(1) e reinventado pola Asociación Manisdixital(2) que colabora co colexio no proxecto de Innovación en Normalización, apostamos polo deseño galego en galego!.
(1)Luis Seoane.
(2)Manisdixital.
Difundindo o noso proxecto de Innovación en Normalización Lingüística.
Dentro do noso proxecto de "Heroínas e sereas de Sálvora" estamos preprando uns obradoiros de Sensibilización cara a diversidade funcional, no que o galego tamén estará presente nas distintas linguaxes alternativas: braille...para isto contaremos cunha compañeira da Asociación Tadega(1), Enma Mayo, que virá no terciro trimestre...e non adiantamos máis porque é sorpresa! Esta fin de semana a Asociación Tadega recibiu as nosas pegatinas ca serea de Castelao.
(1)Tadega.
Saía a serea con saia de mar....
Pinochio navega pola ría...
O noso amiguiño Pinochio vai navegando pola ría ca súa dorniña. Leva un caderno de ideas, unha cámara de fotos, uns prismáticos e un libro de poesía, hoxe ensínanos como sinte a Illa de Sálvora cun poema de Ana María Fernández.
As cores do mar de Aguiño.
Pouco a pouco o mar trae as súas infinitas cores para as paredes do colexio. Por unha banda o Equipo de Educación Artística (1) está facendo co alumnado de Primaria un mural cunha obra do xenial artista brasileiro Romero Britto. E pola outra o Equipo de Infantil está recollendo debuxos do alumnado das aulas de Infantil e plasmándoos na parede en grandes dimensións.
(1)Educación Artística do Ceip de Aguiño.
quarta-feira, 4 de março de 2009
terça-feira, 3 de março de 2009
O Equipo de Medio Ambiente prepara unha presentación sobre a nosa ría e a Illa de Sálvora.
SÁ L V O R A
Para realizar este traballo, consultamos a seguinte bibliografía:-"Parque nacional das illas atlánticas de Galicia".Consellería de Medio Ambiente._"Sálvora: Memoria dun naufraxio" de Xosé Mª Fernández Pazos._"Visitas didacticas a ría de Arousa". Consellería de Pesca.-"A xente da Ría" de Xosé Antonio Ventoso Mariño.
View more presentations from calcetin5.
domingo, 1 de março de 2009
Assinar:
Postagens (Atom)