sábado, 17 de janeiro de 2009

Poemas sobre o mar onde se bañan as nosas sereas.


Unhas das propostas que se fixo dende o Equipo de Innovación do noso colexio foi facer unha recopilación de poemas onde se sinte latexar a presenza do mar. En total, temos 12 poemas celtas, 52 poemas en lingua portuguesa, 311 poemas en lingua galega e 59 cantigas populares. En breve teredes un exemplar deste impresionante traballo de investigación e sentimento na nosa biblioteca. Son poemas de escritoras e escritores que texen redes co eco das súas palabras: Manuel Cintra, Adilia, Pessoa, Manuel Antonio, María Mariño, Xohana Torres, Manuel María...
As nosas sereas de Aguiño báñanse a partir de hoxe nestes versos.
Dende a coordinación do Equipo de Innovación en Normalización Lingüística agradecer este magnífico traballo a mestra Rosa, parabéns e grazas polo teu tempo, esforzo e sensibilidade.

"SAÍA A SEREA
CON SAÍA DE MAR.
SAÍA A SEREA,
CANTANDO UN CANTAR."
(Ana MªFernández).



"GALICIA SOMOS NÓS:
A XENTE E MÁIS A FALA
¡SI BUSCAS A GALICIA
EN TI TÉS QUE ATOPALA!
(Manuel María)

Exposición de poemas visuais.



A medida que van chegando poemas visuais doutros centros (Fene, Ferrol, Puxín, Vilanova, Catoira...) imos sumando estas obras nunha exposición que vai medrando en cantidade e calidade.

sábado, 10 de janeiro de 2009

Inaguramos o 2009 cunha curtametraxe:O pai de Migueliño.



Podedes ver esta curtametraxe baseada nun conto de Castelao. Esta producción dos anos 70 invítanos a reflexionar sobre a inmigración, sobre persoas con mapas emocionais nas súas maletas. (1).
(1) O pai de Migueliño.

quinta-feira, 1 de janeiro de 2009

Biblioxogo do mar.

BIBLIOxogo Do Mar
Aínda estades a tempo de participar no Biblioxogo de mar, cubride este documento e deixadeo na biblioteca do colexio á volta das vacacións: aprende xogando e xoga aprendendo!.

domingo, 21 de dezembro de 2008

Os nosos mellores desexos para o 2009.


(Imaxe: Nenas e nenos bailando na festa do Nadal coas gorras novas: "Hai cada...".)


O noso gran desexo dende Heroínas de Sálvora é que a nosa lingua siga vivindo moitos máis milenios.

Os últimos poemas visuais do ano.

" O zapatiño de Nadal"de 3 anos de Educación Infantil do Ceip O Ramo (Fene).
"Poesía en movemento" de 2º de Primaria doCeip Xulio Camba.


quarta-feira, 17 de dezembro de 2008

domingo, 14 de dezembro de 2008

Animacións con plastilina.



Podedes atopar cortos feitos con plastilina. Animacións (1) que nos poden facer reflexionar sobre moitos temas interesantes xa que son versións de distintos textos de escritores galegos. Empezaremos por "A escola das areas" (2)baseado nunha obra de Frai Martín Sarmiento.Fala do mar, das sereas, da dorna,...da aprendizaxe significativa e da nosa lingua.

E por que?


Un neno, unha nena e o seu gato Tolo amosan pautas de vida saudable para os cativos. Esta serie de animación en plastilina ten deseño de personaxes e de fondos de Xan López Domínguez. A primeira temporada consta de 52 episodios de 30 segundos, e a segunda de 26 episodios de 1 minuto. A primeira temporada trata sobre a prevención de accidentes infantís no lar, en cada capítulo amósase un posible accidente e indícase como previlo e actuar diante del. A segunda temporada trata sobre a correcta alimentación e exercicio físico na infancia.(1)
(1)Para poder ver algún vídeos desta colección.

sábado, 13 de dezembro de 2008

Árbore mariñeira, a nosa árbore de Aguiño.




O Equipo de Educación Artística e o conserxe Andrés fixeron unha árbore mariñeira cunha rede chea de agarimo: peixes de cores, cunchas,...chea dun anaquiño do noso benquerido mar galego.

Película en galego: A hora dos agasallos.


O 5 de decembro chega aos nosos cines a película en galego A hora dos agasallos (1), a marabillosa terceira entrega da saga de Olentzero. Nesta divertida aventura, Olentzero terá problemas para repartir os agasallos no Nadal por mor do accidente dunha estraña e ruín personaxe.
Atopámonos ante unha película de animación dirixida por Gorka Sesma que, de seguro, vai engaiolar os máis pequenos neste Nadal. Non podes perder a ocasión de vela! Salas de cine As Termas de Lugo, Gran Vía de Vigo, Os Rosales e Filmax na Coruña; Valle Inclán de Santiago de Compostela e Filmax de Lalín

Poema visual das nenas e nenos de 4 anos B do Ceip de Aguiño.

ReGALEMOS GALEGO.



Facemonos eco desta campaña dos nosos compañeiros e compañeiras do CPI Vicente Otero de Carral. Aquí tedes unha morea de agasallos que lle podes pedir a este Nadal para ti, para a túa nai, para o teu pai, para o veciño, para a avoa...Regalemos en GALEGO!(1)
(1)Catálogo de Agasallos na nosa Lingua.

HUMOR PARA REFLEXIONAR.

quinta-feira, 11 de dezembro de 2008

sexta-feira, 5 de dezembro de 2008

Poema visual de 5ºA do Ceip de Aguiño.



TÍTULO: O disco de 5ºA.

quinta-feira, 4 de dezembro de 2008

Poemas visuais do Ceip Xulio Camba, 5ºB e 2ºde Primaria.


Club de adiviñas da aula de 2ºB.



Adiviña, adiviñanza...que cousiña é...?Xa sabedes, podedes enviarnos adiviñas para este club de adiviñadores e adviñadoras.