sábado, 25 de abril de 2009
25 de Abril, sempre!
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena
À sombra d'uma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
(1) Sobre a Revolución dos caraveis.
sábado, 18 de abril de 2009
En Abril Augas Mil,...é tempo de abrir e non pechar os paraugas.
LELA
(Alfonso Daniel Rodríguez Castelao)
Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)
Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos
Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.
Dame alento das túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume das túas miradas,
dame vida co teu dulce amor. (bis)
Lela, Lela....
....
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.
quinta-feira, 16 de abril de 2009
Os soños das paredes.

Se os muros e as paredes dos colexios falaran relatarían os latexos que van máis alá das palabras,miradas cómplices,desacougos,espazos de construcción de soños individuais e compartidos,ecos de notas musicais, desaprendizaxes polo desencanto, silenzos e murmullos...se ás paredes lle deixaramos falar, falarían...Queridas paredes do colexio de Aguiño,deixádenos escoitar os vosos soños tatuados.
domingo, 12 de abril de 2009
sábado, 11 de abril de 2009
O Ceip de Aguiño participará no Correlingua no concello da Pobra.


O Correlingua, un programa lúdico-participativo para o fomento do uso da nosa lingua impulsado por diferentes entidades, culmina na celebración de catorce marchas que percorren o país durante o mes de maio. A edición comarcal deste ano, organizada pola Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza, vaise celebrar concello da Pobra. Será o día 12 e asistirá alumnado de máis de vinte centros de ensino de todos os niveis unidos polo lema "En galego. Pásao". Este será o percorrido. O manifesto deste ano ven da man do alumando do CPI de Panxón.
sábado, 4 de abril de 2009
quarta-feira, 1 de abril de 2009
O Ceip de Aguiño súmase á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Na xuntanza mantida por un cento de coordinadores de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) dos centros de ensino públicos e privados no Instituto Galego de Información (Santiago de Compostela) o pasado sábado 28 de marzo, acordouse a constitución dunha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para establecer dinámicas de colaboración entre os diferentes equipos, unha cooperación que permita compartir experiencias normalizadoras que redunden positivamente no traballo da dinamización lingüística nos centros de ensino galegos.
A primeira acción da Coordinadora Galega de ENDL é dar a coñecer o posicionamento público dos equipos sobre a derrogación do Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, anunciada polo novo goberno da Xunta de Galicia.
A primeira acción da Coordinadora Galega de ENDL é dar a coñecer o posicionamento público dos equipos sobre a derrogación do Decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, anunciada polo novo goberno da Xunta de Galicia.
"Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística abaixo asinantes queren manifestar a súa preocupación ante a intención do novo goberno de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Como dinamizadores lingüísticos, pero moi especialmente como profesionais do ensino que somos, queremos facer constar o seguinte:
1. Este decreto desenvolve o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia no ano 2004 e elaborado, na parte referida á educación, por unha comisión na que se integraban representantes das ANPAS, do profesorado, das organizacións pedagóxicas e das patronais do ensino concertado.
2. Supón a superación dunha lexislación, o Decreto 247/95, que -despois de 12 anos de aplicación- tiña demostrado que non estaba respondendo aos obxectivos para os que fora deseñada, tal como poñen de manifesto os últimos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia.
3. Persegue como finalidade última que o alumnado acade, ao rematar os seus estudos, unha plena competencia lingüística que o capacite para expresarse oralmente e por escrito nas dúas linguas oficiais de Galicia, no marco dun ensino plurilingüe.
4. Favorece que cada centro elabore o seu propio Proxecto lingüístico, documento que debe ser aprobado polo Consello Escolar e que, polo tanto, require a implicación e o consenso de toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais/nais, persoal non docente e representantes dos concellos.
Dado que consideramos as medidas que se establecen no decreto como unha achega importante na tarefa dinamizadora e normalizadora que realizamos nos centros e que non pasou tempo suficiente para avaliar se os seu resultados satisfán os obxectivos para os que foi aprobado, solicitámoslle ao novo goberno que manteña os compromisos acordados pola comunidade educativa e o Parlamento galego no Plan xeral de normalización da lingua galega"
segunda-feira, 30 de março de 2009
O Ceip de Aguiño no Rexurdimento da nosa lingua a través dos blogues.
Vídeo realizado polo IES Pobra do Caramiñal.
sábado, 28 de março de 2009
Poemario visual: Poemas do Ceip de Pazos (Ferrol) e do Ceip de Quintela (Moaña)

Podedes visitar os blogues dos nosos colexios amigos e compañeiros neste poemario visual para ver máis cousiñas que fan dentro dun proxecto sobre China (Moaña) e un proxecto sobre "Sacapenas-Gaza"(Ferrol).
(1) Ceip de Pazos.
(2) Ceip de Quintela.
Mariñeiras de terra.
"Lonxe". Poema de Lorenzo Varela.
Fotos de Marisa. Nai de Mariví, Ana e Lucía. Presidenta da ANPA.
O noso agradecemento dende o Equipo de Innovación en Normalización a tódalas Redeiras de Aguiño.
sexta-feira, 27 de março de 2009
sábado, 21 de março de 2009
Maxicamente vello,eternamente novo...
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
precisamos a lingua
se queremos vencer!
A fala - Manuel María
Assinar:
Postagens (Atom)


