segunda-feira, 23 de novembro de 2009
25 de Novembro: Día da eliminación da violencia de xénero.Causa para os 365 do ano.
View more presentations
Presentación feita por Mila Lemos, dende o Ceip de Aguiño, moitas grazas!
Presentación feita por Mila Lemos, dende o Ceip de Aguiño, moitas grazas!
sábado, 21 de novembro de 2009
sexta-feira, 20 de novembro de 2009
Segue medrando o Proxecto de Innovación:Animals And Feeding
O Proxecto de Innovación este curso está ambientado nas lagoas do Complexo Dunar de Corrubedo. A mestra de inglés,Monse, está investigando sobre os animaliños que viven neste escenario.Estudiamos en inglés especies galegas.
Mapas Mundis, Mapas Galeguis.
quinta-feira, 19 de novembro de 2009
sábado, 14 de novembro de 2009
quinta-feira, 12 de novembro de 2009
QUEREMOS APRENDER GALEGO!
A finais do curso pasado chegaron dez nenos e nenas de distintas partes do mundo. Todos e todas teñen nomes galegos con X e os seus apelidos é a tradución da palabra Serea a distintos idiomas: italiano, alemán, catalán, portugués...Este curso sairán de paseo por Aguiño para aprender cos nenos e as nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria a falar en galego, xogando nas súas casas.
Coa colaboración das familias irán anotando as palabras que aprendan nun caderno que medrará ó longo de todo o curso.
Queridos bonecos e bonecas de aqui e acolá! benvidos e benvidas ó colexio, a Aguiño e a nosa Galiza.
domingo, 8 de novembro de 2009
Premio de Innovación da USC polo "Obradoiro de Sensibilización cara a diversidade funcional" no proxecto " Sereas e Heroínas de Sálvora"
Parabéns e grazas Enma! Parabéns Ceip de Aguiño!
quinta-feira, 5 de novembro de 2009
terça-feira, 27 de outubro de 2009
domingo, 25 de outubro de 2009
sábado, 24 de outubro de 2009
Investigando.
Como xa dixemos, o proxecto de Innovación en Normalización xa está en marcha. Neste proxecto están implicados tódolos equipos de dinamización do centro. Dende a biblioteca recomendan distintas obras para que investiguemos sobre o escenario no que se vai a desenvolver o noso proxecto:As Lagoas de Vixán e Carregal.
Poemario experimental: Redeiras.

Este curso seguiremos poemando. Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio invitamos a outros centros a participar neste proxecto entre centros, na actualidade xa somos 17 os que estamos nesta rede por todo o pais: compartindo, aprendendo uns de outros,...visibilizando "o noso facer e sentir" pola lingua galega,pola lingua de Galiza. O nome do poemario vinculase co proxecto de Innovación en Normalización Lingüística "Mar de mulleres asolagadas".
Blogue de Redeiras.
segunda-feira, 19 de outubro de 2009
Proxecto de Innovación en Normalización Lingüística. Curso 2009-2010
(Ilustracións de Leandro Lamas)“Mar de mulleres asolagadas” é un proxecto de Innovación en Normalización e Dinamización Lingüística deseñado polo profesorado do Ceip de Aguiño, que empezou a trazarse a finais do curso pasado tras valorar moi positivamente o anterior proxecto que impregnou toda a actividade educativa “ Sereas e Heroínas de Sálvora”. Podemos dicir que esta é unha continuidade, xa que no curso pasado focalizamos a nosa atención en feitos reais como foi o afundimento do Santa Isabel e as Heroínas; e nun compoñente fantástico como son as sereas. Este curso seguiremos traballando a temática do mar vinculada á muller.
Anteriormente, no transfondo latexaba a presenza da muller e a reinvindicación de ocupar na historia do pensamento galego o lugar que se merece. Este curso esta aposta reinvindicativa ocupa un primeiro plano, dándolle protagonismo ás mulleres do mar de Aguiño, e por extensión a todas as mulleres que viven no contexto sociocultural galego.
Polo tanto, o noso eixo temático será a muller galega no seu contexto cotiá. Avaliada a acollida da Didáctica da fantasía a través das sereas, decidimos fusionar esta realidade con personaxes mitolóxicas femininas dos medios acuosos que forman parte do maxín colectivo, que tamén responde á necesidade de explicar o mundo e os seus múltiples fenómenos. O curso pasado contextualizamos o proxecto na Illa de Sálvora e este será no Complexo Dunar de Corrubedo, concretamente nas lagoas de Carregal e Vixán onde existe unha cidade asolagada, con diferentes lendas que moldean tamén parte da identidade do noso alumnado. Desta fusión nace o noso proxecto e o seu título, Mar de mulleres asolagadas.

Pola nosa lingua, por nós!

Hoxe Galiza despertou con máis forza e enerxía. Corren ríos de tinta virtual en moitas páxinas e nos blogues dos centros educativos falando da manifestación de onte en Santiago de Compostela. Pais, nais, avós, avoas...xente de tódalas cores, porque o GALEGO, é de todos e de todas!
Blogue da Coordinadora do Barbanza de equipos de dinamización e normalización Lingüística.
segunda-feira, 12 de outubro de 2009
Assinar:
Postagens (Atom)