quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010
ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULL@S DO GALEGO.
CAMPAÑA DA COORDINADORA GALEGA DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
"Benvida, benvido. Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia. Aquí encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego."