Como xa sabedes o 21 de Marzo é o día da Poesía. Dende o Equipo de Innovación en Normalización facemos dúas propostas:
PROPOSTA 1.
- Cada neno/a e mestre/a escollerá un poema que lle guste en galego ou portugués (tedes a recopilación sobre o mar feita pola mestra Rosa na biblioteca, ou tamén podedes coller do autor das letras galegas de Uxío Novoneyra, ou de quen desexedes).
- Fotocopiade o poema e lle poremos un fio, lá…para colgar o poema no sitio que se desexe do colexio: pode ser dentro ou fóra, pode ser nas aulas, nos pasillos, nos baños, nas escaleiras…no patio, nas árbores…cada quen onde desexe.
- Colgarase o Martes 23 de Marzo no Recreo. Os que vaian caíando durante a semana recolleranse para manter limpo o entorno.
PROPOSTA 2.
- Para a volta de semana santa, gravaremos a xente que desexe recitando un poema enteiro, so unha estrofa, so un verso…como desexe.
- Gravarase en distintos sitios do colexio para facer unha montaxe: nos columpios, nas escaleiras, no armario de limpeza, debaixo dunha mesa, dentro dunha papeleira…cada quen onde desexe. Así que escollede poema e lugar. Poden participar todo o alumnado que desexe facendo as gravacións nos recreos e o profesorado que o desexe facendo as gravacións un martes que acordemos pola tarde. Pode ser grupo, por parellas, individualmente….
Estas dúas propostas tamén se farán ós centros que están no proxecto de poesía experimental de Redeiras e ós centros que están na Coordinadora de Equipos de Normalización da Barbanza, podedes decirllo a xente doutros colexios que coñezades, deste xeito…encheremos Galiza de poesía!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!