sábado, 18 de outubro de 2008

Benvidas e benvidos a Heroínas de Sálvora.

Este curso o Ceip de Aguiño está de noraboa. Foi premiado por un proxecto de Innovación en Normalización Lingüística presentado a finais do curso pasado (1). O tema escollido contextualizase no mar, concretamente no mar de Aguiño, escribindo en maiúsculas a súa historia de Serea e Heroínas de Sálvora. Este proxecto é o froito da suma de esforzo do profesorado, do alumnado, do persoal non docente, da Anpa e de dúas asociacións culturais do concello. Esta proxecto é o froito da aposta e compromiso para traballar polo uso, valoración e prestixio da nosa lingua.

(1). Premio de Innovación.