sábado, 29 de novembro de 2008
quinta-feira, 20 de novembro de 2008
O noso poemario segue medrando: Estes son os últimos poemas do Ceip de Aguiño.
quarta-feira, 19 de novembro de 2008
Poemas visuais.
Ceip Pazos de Ferrol. Nenas e nenos de 3 anos.
No Ceip de O Ramo en Fene, fixeron a experiencia de pasar a cabaza por todos os cursos, comparando, facendo rimas...unha experiencia xenial.
Escola de Educación Infantil Baiuca.
Escola de Educación Infantil de Baiuca, tomaron como referencia o poema feito polo noso cole en 5ºB partindo tamén dunha chave. Tamén buscaron o significado das palabras do poema do noso cole que descoñecían.
Ceip Xulio Camba. 2ºde Primaria.
Seguen chegando poemas visuais para o noso proxecto de "Apadriña/amadriña unha palabra". No colexio estamos montando unha exposición con todos os que compomos en Aguiño e os que chegan por correo electrónico. É unha experiencia nova para todas e todos nós na que sentimos palabras en galego, na que mimamos a nosa lingua e invitamos a outros centros a facelo.
O xardín das camelias.
Os rapaces e rapazas de 6ª están realizando un proxecto titulado"O xardin das camelias".Primeiro mediron o terreo e fixeron un plano a escala, no que cada un/a fixo o seu boceto. Nesta presentación podedes ver os planos que deseñaron . Despois puxéronse a traballar: limparon, sacharon, plantaron,...E moi pronto todos e todas disfrutaremos dun precioso xardín.
domingo, 16 de novembro de 2008
Saimos no xornal.
O proxecto de Innovación en Normalización Lingüística xa está en marcha. Saimos en distintos medios de comunicación.
(1) La voz de Galicia.
(2)Código cero.
(3) Páxina da Xunta.
(1) La voz de Galicia.
(2)Código cero.
(3) Páxina da Xunta.
Á nosa escola tamén ven Pinochio (2ºB).
Na clase de 2ºB da mestra Gloria, teñen un compañeiro moi especial que empezou a vir ó noso colexio o curso pasado. Chámase Pinochio e este ano preséntanos a todos as súas amigas e amigos, que son xoguetiños que lle van traendo as nenas e os nenos. Pinochio é moi presumido e sempre se está cambiando de roupa. Mirade o seu armario!.
Poema visual: Ceip Pazos de Ferrol.
Este poema visual foi feito por nenas e nenos de 3 anos do Ceip Pazos de Ferrol (1) ca súa mestra Rosa (que estivo fai un par de cursos no noso colexio).
(1). Ceip Pazos.
quarta-feira, 12 de novembro de 2008
sábado, 8 de novembro de 2008
Semana dos Medos no Ceip de Aguiño.
Esta semana celebramos “A semana dos medos” entre outras estas foron algunhas das actividades que se fixeron: Contos de medo nun teatrillo de luz, baile de pantasmas (1), xogos de medo no Encerado Dixital, contacontos na biblioteca (3), caixas-pantasmas en Educación Artística (2)…
(1) Caderno de aula de 4 anos A.
(2) Caderno de Educación Artística.
(3) Caderno de Biblioteca.
(1) Caderno de aula de 4 anos A.
(2) Caderno de Educación Artística.
(3) Caderno de Biblioteca.
Poema visual de 4 anos B: As follas con mensaxes.
Estes poemas foron realizados pola aula de 4 anos B (1).
(1)Caderno da aula 4anos B: Sereas sen Cadeas.
(1)Caderno da aula 4anos B: Sereas sen Cadeas.
quinta-feira, 6 de novembro de 2008
Proxecto do Equipo de Medio Ambiente.
quarta-feira, 5 de novembro de 2008
Poema visual de 2ºB: "A cremalleira viaxeira".
As nenas e os nenos de 2ºB da mestra Gloria elaboraron este poema visual titulado "A cremalleira visual." Esta obra encádrase dentro do proxecto "Apadriña/amadriña unha palabra" no que participan varios colexios invitados polo noso Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística: Ceip Punxín (1), Ceip Pazos(2), Ceip O Ramo, Ceip Xulio Camba(3) e Escola E.Infantil Baiuca (4)
(1) Ceip Punxín.
(2) Ceip Pazos.
(3) Ceip Xulilo Camba.
(4)E.E.I Baiuca.
Se algún colexio desexa recibir máis información sobre este proxecto pode escribirnos a: calcetins5@gmail.com
(1) Ceip Punxín.
(2) Ceip Pazos.
(3) Ceip Xulilo Camba.
(4)E.E.I Baiuca.
Se algún colexio desexa recibir máis información sobre este proxecto pode escribirnos a: calcetins5@gmail.com
Assinar:
Postagens (Atom)