domingo, 26 de abril de 2009

As sereas de Aguiño teñen voz e falan en galego.




As sereas da nosa escola, son sereas sen cadeas,sen esteriotipos, con voz, con decisión,...non son as sirenitas de Disney, aínda que tamén a traballamos como contraexemplo.

"Na película La Sirenita, Ariel dá a súa voz para conseguir pernas e poder ir ao mundo dos humanos buscar o home do que está namorada. Na canción que canta a lura, Úrsula, dise o seguinte “…Tes a túa beleza, a túa linda cara. E non debes subestimar a importancia que ten a linguaxe corporal. Falando moito enfadas aos homes. Abúrrense e non deixas bo sabor. Pois caúsanlles máis pracer as mozas que teñen pudor. Non cres que estar calada é o mellor? Vamos! Non lograrás a túa meta conversando. Escoítame e non te enganarás. Admirada ti serás se calada sempre estás. Amarra ben a lingua e triunfarás… ”. O final o príncipe namórase de Ariel aínda que esta non pronunciou unha soa palabra"
(1)Para saber máis sobre os debuxos de Disney.