sábado, 27 de fevereiro de 2010

8 DE MARZO: Día da Muller Traballadora. No Ceip de Aguiño faremos MESAS -COLLAGES DE MULLERES GALEGAS.




Como xa sabedes o 8 de Marzo celébrase o día da Muller traballadora, dende o Equipo de Normalización relacionado co proxecto de Innovación “Mar de Mulleres Asolagadas” propoñemos que fagamos durante o mes de Marzo (non ten que ser xusto para o día 8 de Marzo) “mesas-collages” adicadas a “mulleres traballadoras galegas en distintos oficios”. Consiste en coller unha mesa (pode ser das que tedes en clase,no almacén...) e facer unha especie de collage con fotos, debuxos, obxectos …sobre un determinado oficio. Por exemplo a mesa dunha: informática, a mesa dunha doutora, a mesa dunha ama de casa, a mesa dunha mestra, a mesa dunha bombeira, a mesa dunha percebeira…Estas mesas sacaranse ó pasillo para facer unha exposición en todo o centro. Na mesa de pinpong faremos unha “mesa collage colectiva” dunha poetisa. Cada mestre/a, alumnado…pode fotocopiar poemas en galego ou portugués que lle gusten, obxectos que relacionaría cunha poetisa e pode ir poñéndoos na mesa de pingpong.
As “mesas-collages” podese facer por titorías, por ciclos, por especialistas…cada quen como desexe.