quinta-feira, 12 de fevereiro de 2009

Chega o Capitán Benito e a Grumeta Quilla ó Ceip de Aguiño..




Onte chegou o Capitán Benito e a Grumeta Quilla. Contáronnos o conto do naufráxio do Santa Isabel. Fixéronno a través das sombras das personaxes principais: das heroínas, do mar, do faro, da serea...Foi realmente fermoso que nos falaran dunha historia que forma parte da identidade da nosa xente, dos ecos das profundidades do noso mar...en breve colgaremos a historia para que todos e todas poidades defrutar dela.
Dende aqui, agradecemos moito a Luis e Elena (mestre e mestra de PT do Ceip O Grupo) que viñeran ó noso colexio a compartir o seu bo facer coas nenas e nenos.